Martes. 02.03.2021
El tiempo

A Laracha

O CEIP Xesús San Luís Romero e o CEIP Ramón Otero Pedrayo gañaron o certame de centros creadores da Xunta

Dous dos tres premios da IX edición dos Premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”, que propón a Secretaría Xeral de Política Lingüística, caeron en Bergantiños. O CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo e o CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha foron os gañadores das categorías de Infantil e de 3º e 4º de Primaria, sendo o premio de 1º e 2º para CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón.

As creacións en formato “stopmotion” dos coles bergantiñán encalidaron ao xurado, formado por especialistas da Xunta, pero tamén da CRTVG e OQOeditora. Un fermoso xeito de “aprender creando e innovando.

Os tres centros recibirán cadanseu lote de libros de OQOeditora, un agasallo da CRTVG e mais un diploma acreditativo.

O "Paco Papán" da Laracha

Na de 3º e 4º de primaria, o CEIP Ramón Otero Pedrayo da Laracha por Paco Papán.

 

Como se fixo "Mariluz avestruz"

Na portada vemos a curta dos pequechos de infantil do centro carballés. Aquí podedes ver o como se fai.

O CEIP Xesús San Luís Romero e o CEIP Ramón Otero Pedrayo gañaron o certame de centros creadores da Xunta