Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cabana

O Concello de Cabana, único concello costeiro que non participa no programa provincial “De Fronte” contra a Violencia de Xénero

Presentábase esta semana a campaña “De Fronte”, coa que a Deputación quere seguir loitando contra a violencia de xénero. E hoxe coñecemos que son un total de 88 concellos e 59 entidades as que se suman á campaña.

Sorprende ver que deses 88 concellos, 18 son da Costa da Morte, quedando unicamente o Concello de Cabana fóra desta transversal iniciativa.

Ademais dos 18 concellos costeiros (Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas), tamén se uniron as seguintes entidades: Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños, Asociación Íntegro, Asociación Vieiro, Club Ciclista Carballo; así como os colexios CEIP de Carnota, CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal, e CEIP O Pindo.

Actividades

Ademais da actividade que se vai celebrar en Muxía, na web defronte.gal a Deputación ofrece outros contidos para traballar a igualdalde nos centros educativos que estarán dispoñibles a partir do 15 de novembro:

  • Visual Tinking é unha actividade xuvenil sobre tratamento e prevención da violencia de xénero, a partires de 3 microvídeos onde se abordan conceptos básicos arredor da violencia de xénero de xeito didáctico a través de gráficos con animación para traballar nas aulas.
  • Estará dispoñible o Scape Room, outra actividade singular
  • Entre os 22 e 29 de novembro poderedes ver en defronte.gal o espectáculo ‘Martiña soñadora’, un concerto de música infantil con Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano.
  • O día 25, ás 12:00h, no exterior da Biblioteca Provincial da Coruña a cargo das poetas Charo Lópes, Nuria Vil e Lucía Aldao. Poderase ver de contado defronte.gal.

Actividades

Novas relacionadas

O Concello de Cabana, único concello costeiro que non participa no programa provincial “De Fronte” contra a Violencia de Xénero