Venres. 19.04.2024
El tiempo

Camariñas

O Coídos de Trece e Reira dende o ceo

O premiado proxecto do mestre do IES Urbano Lugrís de Malpica, Xacobo de Toro, continúa espallando os tesouros naturais da comarca a vista de dron. Desta volta o Xeoclip pégase un paseo de impresión polos coídos de Reira, un dos nosos Recunchos da Costa favoritos, ollando ademais o Cabo Vilán, as praias do Trece, o Cemiterio dos Ingleses, a duna do Monte Banco…

O proxecto de xeoloxía focaliza na importancia das boleiras, esas praias de coídos, “formadas por coios desgastados e arredoendeados a partires de distintos tipos de granito. Gran parte da súa superficie está fóra da acción do mar, pois foron depositados en tempos xeolóxicos anteriores, en momentos nos que o nivel do océano estaba máis elevado co actual. Isto é facilmente comprobable, xa que moitos bolos do nivel superior teñen líques propios do supralitoral aos cales so chegan as escumas dos temporais”, explican.

O Litoral

Tamén neste vídeo sobre o litoral aparecen zonas da Costa da Morte, pois a explicación foi gravada en Baldaio, e ademais saen Carnota, Caldebarcos, A Barra, esteiro do Anllóns…

Novas relacionadas

O Coídos de Trece e Reira dende o ceo