O Festival de Nadal do IES Parga Pondal segue medrando

Vén de completar o vídeo do Festival de Nadal a familia do IES Parga Pondal. Un festival que xa se está a convertir en mítico, como eses premiados xilófonos que o Departamento de Música utilizan como fío educativo.

O festival está organizado polo alumnado da materia de Música do IES Isidro Parga Pondal (2º, 3,º, 4ºESO, 1º e 2º BACH) e non é outra cousa que froito do seu esforzo, entusiasmo e espíritu colaborador, coordinado pola mestra de música e directora das bandas, Vanessa Lorenzo, e do arranxador de cabeceira, Paulo Padrón Santamarina.

Un festival cada vez máis completo, convertido desta volta en concurso de Futuras Promesas, que conta, coma sempre, cunha posta en escea é espectacular, cunha presentación teatral por parte de 5 artistas (Nerea, Noa, Brais, Sara e Irene, de 1ª BACH) que van presentando cada grupo.

A cousa comeza con cancións navideñas pero xa pronto se quecen coa aparición estelar de Xurxo Souto, mestre de Latín, que co seu acordeón fixo cantar ao seu coro… en latín!!!

Pouco a pouco, os acordeóns van meténdose en cousas máis complexas como o Cebranoces,

Ata as pandeireiteiras e os bailaríns do centro se lanzaron cunha Muinheira de Sofán.

Despois xa volveron os musicais dos 70, como Grease, o Dancing Queen e Mama Mía de ABBA, ou outros feitos na casa como un “Hoxe, mañá e sempre” espectacular

Máis novas musiqueiras do IES Parga Pondal