Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carballo

Un himno escolar para Isidro Parga Pondal

Non deixa de sorprendernos a familia musiqueira do IES Parga Pondal. Cada Nadal e cada fin de curso o Departamento Musical do centro carballés deléitanos cun concerto absolutamente espectacular, que dá conta da ensinanza práctica, útil e real que desenvolven. Ademais, este curso, ás Vanessa Lorenzo e Paulo Padrón Santamarina (á fame), xuntouse o mestre de Latín Xurxo Souto (as gañas de comer), polo que a cousa case que se desmadrou cunha festa monumental. Que gusto ver mestres (este ano incorporaron tamén no departamento a Lorena Varela Amboage) aos que lles gusta enredar, e que gusto que un centro onde todo o profesorado responde participando ao cen por cen nestas actividades extracurriculares que tanto aportan.

O Pazo da Cultura encheuse con todo o centro para festexar un curso de dedicación e esforzo, pero tamén de divertimento, e de comunidade, como se demostrou con momentos tremendamente especiais e emotivos.

O concerto sarrincaba en clave teatral, con dúas veteranas (de 4º ESO) como Uxía Porteiro, Carla Doldán e unha debutante (de 1º ESO), Helena Becerra, que se convertiron nunha familia bergantiñá que recordaba vellos tempos de Nadal.

De contado comezaron a repicar os xilófonos, xa míticos en todo Carballo, dando unha forma singular pero moi sonora a temas míticos de Nadal como as Bonecas de Famosa, o 25 de diciembre, Oh Blanca Navidad, Jingel Bell Rock, Privilegio raro ou All I want for Christmas is you.
Claves aquí Vanessa como directora e Paulo Padrón Santamarina, autor de todas as pezas, incluídas o arranxo de Noite de Paz para o Septeto Parga Pondal, como a estrea da canción en honor a Isidro Parga Pondal, para o nacente Coro do profesrado do IES Isidro Parga Pondal.

Especial mención require ese momento tan brutal, con Xurxo Souto e Lucas Espasandín como letristas, dese himno a Isidro Parga Pondal que vai quedar para toda a vida. Ver a todas as mestras cantar a coro o himno e ao alumnado envocardo apoiando dende a bancada, é impresionante!

Máis novas do IES

Un himno escolar para Isidro Parga Pondal