mércores. 16.07.2025
El tiempo

Carballo

A aula do IES Parga Pondal convertida nun estudo de gravación

Espectacular sempre o que consegue a familia musiqueira do IES Parga Pondal de Carballo. Pechan o curso, despois da impresionante colaboración co CMUS, coa posta de longo dos temas aprendidos en clave de percusión ao longo do curso, convertindo, como xa vén sendo costume, a aula de música nun verdadeiro estudo de gravación.

Nesta ocasión, pasaron por el, o alumnado de 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato. Este proxecto foi posible grazas á colaboración incondicional do ex-alumno Xairo Campos Blanco e da profesora de Informática Leticia Riestra Insua. Coa dirección da mestra Vanessa Lorenzo e os arranxos de Paulo Padrón Santamarina, así soan dende Queen, ata Cold Play, pasando por Adele ou mesmo un divertido mambo.

 

Máis novas musiqueiras do IES Parga Pondal

A aula do IES Parga Pondal convertida nun estudo de gravación