Non nos colle de sorpresa, porque xa temos visto a calidade do alumnado de música do IES Parga Pondal en numerosas ocasións. Pero desta volta quedamos alucinados do impacto que tiveron os novos vídeos gravados a última semana do curso, e que foron subidos ao Tiktok.
”É unha maneira de incentivalos, porque saben que no tiktok se visibiliza máis o seu traballo”, explica a armadanzas de toda esta arte musiqueira Vanesa Lorenzo. Algún dos vídeos subidos o pasado venres, cos arranxos de Paulo Padrón, xa superan as 2.200 visualizacións, i é que temazos como o Bella Ciao ou o I gotta feeling soan de medo coa marea de xilófonos do centro.
Os artistas son o alumnado de 4º da ESO e 2º Bacharelato, que levan dende xaneiro aprendendo entre 4 e 5 temas. “Cando temos unha xeración boa hai que exprimila”, sinala unha orgullosa Lorenzo. “A veces protestan por ter que traballar e ensaiar tanto, pero despois lles encanta subir ao escenario e ter esa sensación especial de todos xuntos e que soe tan ben”.
Radio Rebolondas en directo
Foron valentes ademais e tiveron arrestos para participar en directo no programa da premiada radio Rebolondas que vemos na portada, poñendo a música entre as entrevistas.
O Bela Ciao de 4º da ESO e 2º Bach
@iespargapondal O alumnado de música de 4º ESO do IES Isidro Parga Pondal interpreta Bella Ciao, arranxada por Paulo Padrón Santamarina
♬ original sound - iespargapondal
I gotta feeling de 4º da ESO
@iespargapondal O alumnado de música de 4º ESO do IES Isidro Parga Pondal interpreta I gotta feeling de Black Eyed Peas, arranxada por Paulo Padrón Santamarina
♬ original sound - iespargapondal
Xogo de Tronos de 4º da ESO e 2º Bach
@iespargapondal O alumnado de música de 4º ESO e 2º Bach do IES Isidro Parga Pondal interpreta Xogo de tronos, arranxada por Paulo Padrón Santamarina
♬ original sound - iespargapondal
It’s my life de 4º da ESO e 2º Bach
@iespargapondal O alumnado de música de 4º ESO e 2º Bach do IES Isidro Parga Pondal interpreta It's my life de Bon Jovi, arranxada por Paulo Padrón Santamarina
♬ original sound - iespargapondal
Friends de 4º da ESO e 2º Bach
@iespargapondal O alumnado de música de 4º de ESO e Bacharelato do I.E.S. Isidro Parga Pondal de Carballo interpretan Friends arranxada por Paulo Padrón
♬ original sound - iespargapondal
Macgyver de 4º da ESO
@iespargapondal O alumnado de música de 4º ESO do IES Isidro Parga Pondal interpreta Macgyver, arranxada por Paulo Padrón Santamarina
♬ original sound - iespargapondal