Os vídeos musicais do IES Parga Pondal que triunfan no Tiktok

Non nos colle de sorpresa, porque xa temos visto a calidade do alumnado de música do IES Parga Pondal en numerosas ocasións. Pero desta volta quedamos alucinados do impacto que tiveron os novos vídeos gravados a última semana do curso, e que foron subidos ao Tiktok.

”É unha maneira de incentivalos, porque saben que no tiktok se visibiliza máis o seu traballo”, explica a armadanzas de toda esta arte musiqueira Vanesa Lorenzo. Algún dos vídeos subidos o pasado venres, cos arranxos de Paulo Padrón, xa superan as 2.200 visualizacións, i é que temazos como o Bella Ciao ou o I gotta feeling soan de medo coa marea de xilófonos do centro.

Os artistas son o alumnado de 4º da ESO e 2º Bacharelato, que levan dende xaneiro aprendendo entre 4 e 5 temas. “Cando temos unha xeración boa hai que exprimila”, sinala unha orgullosa Lorenzo. “A veces protestan por ter que traballar e ensaiar tanto, pero despois lles encanta subir ao escenario e ter esa sensación especial de todos xuntos e que soe tan ben”.

Radio Rebolondas en directo

Foron valentes ademais e tiveron arrestos para participar en directo no programa da premiada radio Rebolondas que vemos na portada, poñendo a música entre as entrevistas.

O Bela Ciao de 4º da ESO e 2º Bach

I gotta feeling de 4º da ESO

Xogo de Tronos de 4º da ESO e 2º Bach

It’s my life de 4º da ESO e 2º Bach

Friends de 4º da ESO e 2º Bach

Macgyver de 4º da ESO

Novas relacionadas