Anda o IES Parga Pondal preparando a III Semana da Música. E como previa veñen de subir esta gravación feita en Semana Santa, na que o alumnado de 3º ESO D, nos deleita coa interpretación de I’m a believer do grupo Smash Mouth.
Sen tempo, do 24 ao 28 de maio continúan coa formación musiqueira, invitando a varios profesionais para desenvolver actividades como obradoiros, conferencias e coloquios, e un peche cun Concerto de Clausura a cargo do alumnado, que será dirixido polo profesorado participante.
Todo quedará gravado polo equipo especializado destinado á gravación do son e da imaxe, completando así o círculo creativo aprendendo de xeito práctico.
Coworking
Paralelamente o alumnado de 4º da ESO recibiu a visita de dous profesionais que arrincan a súa prometedora carreira no Carballo Coworking. Acompañados do concelleiro Xosé Regueira, foron Fran Pais Fondo e David Moa, de BreikoBreiko foron os encargados de narrar en primeira persoa a súa, espertando o interese dos alumnos/as, que non dubidaron en preguntar polas claves do seu éxito.