Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A premiada radio escolar do IES Isidro Parga Pondal

Rebolondas ies isidro parga ondal
Ata a Fundación Otero Pedrayo sita en Trasalaba, desprazouse esta expedición escolar
A premiada radio escolar do IES Isidro Parga Pondal

O alumnado do IES Isidro Parga Pondal que participa no Obradoiro de Radio da emisora escolar Rebolondas acudiu a pasada semana á Fundación Otero Pedrayo a recoller o premio recibido polo seu podcast sobre a obra Pelerinaxes.

A emisora escolar, coordinada polo profesor de inglés Francisco Amado Vilariño, que este ano conta ademais dunha das grandes lendas radiofónicas do país como é Xurxo Souto, mestre do centro carballés, segue recollendo premios. "As alumnas do Parga Pondal están cheas de talento", cóntanos un orgulloso Xurxo que participou no podcast botando algunhas cántigas do divino San Andrés do Cabo do Mundo.

As alumnas presentaron un podcast sobre o libro, delicioso e pouco coñecido, de Otero Pedrayo, "Pelerinaxes" que narra a súa viaxe, xunto con Vicente Risco e Xosé Ramón Fernández Oxea, en 1927, dende Ourense até San Andrés de Teixido. Este grupo de alumnas de Bacharelato escribiron o guión e produciron o programa, onde narran a mesma viaxe dende a perspectiva do presente.

Á volta da Semana Santa poderemos escoitar o programa, pero aquí deixamos un exemplo do traballo que fan na radio escolar:

Novas relacionadas

Comentarios