Luns. 09.12.2019
El tiempo

CARNOTA

Lucía e Liana Quintela, futbolistas carnotás: "Deberíamos xogar todos e todas"

Lucía e Liana Quintela son as protagonistas máis novas do proxecto A Costa das Mulleres. Estas dúas xemelgas carnotás son todas unhas deportistas e contan as súas experiencias como mulleres dentro do deporte e do fútbol en concreto, do que son dúas grandes apaixoadas.

Ambas practican este deporte dende pequenas, do que son ademais unhas grandes afeccionadas. As xemelgas lamentan que na súa clase do CEIP de Carnota, elas son as únicas que xogan ao fútbol, mais animan ao resto de rapazas participar: "Deberíamos xogar todos e todas", afirman.

Por outro lado, tamén comentan as súas xogadoras favoritas do Deportivo da Coruña e mesmo falan do partido da selección española contra a estadounidense, onde recalcan que lles sorprenderon moito ambos equipos.

As irmás ven claro o seu futuro e non poden verse de maiores doutra maneira que coma futbolistas profesionais. De todos modos, a pesares de pensar nesta carreira vital, as carnotás sosteñen que nun futuro lles gustaría "seguir vivindo na Costa da Morte".

Lucía e Liana Quintela, futbolistas carnotás: "Deberíamos xogar todos e todas"