Corcubión arrinca un ciclo medioambiental coa proxecto do singular documental "Salvaxe, Savalxe"

Este vindeiro venres 14 de marzo comeza un pequeno ciclo de medioambiente no Concello de Corcubión. A Capela do Pilar acolle, ás 20:00h, a estrea de "Salvaxe Salvaxe", un anti-documental de natureza que percorre os montes galego-portugueses detrás da pegada do lobo. “É unha danza entre rastros e rastrexadores, onde todas as criaturas deixamos a nosa pegada”.

Producido por Xiana do Teixeiro e dirixido por Emilio Fonseca, quen estará presente no evento xunto con máis colaboradores deste proxecto único.

Este documental conta con numerosos premios a nivel nacional, como o Biznaga de Prata ao mellor documental no 27º Festival de Cine de Málaga (Sección documentais), o Premio de Cine Socioambiental. Mención honorífica 2024, o Play Doc. Mellor película na competición Galicia, o Festival de Cine de Alcanes. Mención especial do xurado na Sección Oficial, a Mellor película, Sección "Impacto". Premio do público no Another Way Festival 2024, ou a Mellor dirección no OUFF 29.

Máis novas

 

NOVAS SOBRE O LOBO