O lobo visitou Vilarmide

Un ano máis no CEIP de Vilarmide - Eduardo Noya celebrou as Xornadas do Lobo,completando así un mes dedicado ao Canis Lupus Signatus., cunha exposición de libros e outras actividades.
Nesta ocasión recibiron a visita de Chisco Lema, veterinario e gran coñecedor da fauna da Costa da Morte e experto en lobos. Acompañado por Manuel Negro, cazador e tamén gran coñecedor dos montes e da fauna, falaron con nenas e nenos sobre a importancia de conservar, de forma equilibrada, a poboación de lobos.
Ambos son grandes entusiastas e amantes da natureza. Incluso Manuel (cazador) explicoulles ao alumnado que un cazador responsable, non é un inimigo dos animais.

Xuntos falaron casi dúas horas cun público infantil moi interesado que non se cansaba de levantar a man para preguntar.
Comenzou Chisco cunha proxección, moi interesante, de videos grabados por él mesmo no que se vían vían mandas de lobos dos montes da bisbarra e na que explicaba as características físicas dos "Nosos Lobos" (pódense ver na canle de Youtube, De Re Naturae)
Para o alumnado quedou claro que o lobo pode convivir cerca dos humanos se se respetan uns puntos fundamentais:
- Usar mastíns e peches para coidar o gando (hai subvencións).
- Plantar árbores autóctonas que den froitos que fagan que a cadea trófica comence: herbívoros, omnnívoros e carnívoros.
Explicaronlles a importancia de erradicar os eucaliptos que arruinan o monte galego.
Tamén desmontaron algunhas das ideas erróneas que temos respecto aos lobos:
- Non atacan ás persoas.
- A Xunta non fai a repoboación de lobos nin os sementan desde helicopteros...
O Lobo sempre será o malo se é Carapuchiña quen conta a historia.
NOVAS SOBRE O LOBO
- “Dende que temos mastíns coidando as cachenas, non tivemos problemas co lobo”.
- O Lobo dexa de ser especie cinexética.
- Chisco Lema lanza un espectacular minidocumental sobre o lobo na primavera da Costa da Morte
- Cara a cara co lobo.
- Francisco Santiago López lanza unha serie de vídeos sobre o lobo no seu canle Signatus Films
- Signatus Films caza o derradeiro lobo ibérico na Costa da Morte.
- Breve etoloxía do lobo ibérico por Francisco Santiago López na Costa da Morte.
- As Xornadas do Lobo de Santa Comba, das mellores de España.
VÍDEOS DA SERIE DE RE NATURAE de CHISCO LEMA
- Chisco Lema achéganos á vida íntima estival do lobo da Costa da Morte
- A lontra costeira vs o visón americano nun espectacular vídeo de Chisco Lema.
- Cara a cara co lobo.
- A caza do raposo… sen escopeta.
- A sarna sarcópica tamén afecta aos lobos da Costa da Morte.
- A importancia do raposo para erradicar a enfermidade de Lyme.
- Chisco Lema caza o lobo.
- O cormorán cristado e o picapeixe da Costa da Morte cazados por Chisco Lema.
- Os voos nupciais e o apareamento do Falcón Peregrino da Costa da Morte.
- O guincho volve á Costa.