Mércores. 14.04.2021
El tiempo

“Dende que temos mastíns coidando as cachenas, non tivemos problemas co lobo”

Mastins coidando as cachenas dos montes de Esteiro
Mastins coidando as cachenas dos montes de Esteiro
“Dende que temos mastíns coidando as cachenas, non tivemos problemas co lobo”

A semana pasada achegábamos ata Esteiro para coñecer o proxecto de recuperación dun monte vivo por parte da Comunidade de Montes. Pero quedounos pendente unha parte ben fermosa dese proxecto: a gandeiría,.

A comunidade ten unha explotación de vacas cachenas, que viven “pastando libremente, na parte de Pedregal e Volantón”. Rosario explícanos que teñen un peche grande, e que están encantadas, coidadas polos veciños e, sobre todo, pola familia de mastíns que vixía a zona. “Houbo no seu día problemas co lobo, si que hai dous anos atacoulle a unha vaca parindo. Pero dende que metemos os mastíns, que viven alí cas vacas, no tivemos máis problemas”, explica. Conta con satisfacción a fermosa convivencia entre cans e vacas (“están sempre con elas, menos cando imos nós que se achegan para xogar”, explica) ata o punto de que “o pequeno dos mastíns xa pensa que é un becerro”.

Mastins coidando as cachenas dos montes de Esteiro2

Sobre isto, o propio presidente da Comunidade, Xeromo, lamenta a cantidade de “propaganda” que se ten lanzado arredor da exclusión do lobo da lista de especie cinexética. “O lobo xa non se caza, non hai permisos de batida dende hai 40 anos”, sinala, recoñecendo que “a verdade, non vexo problema co lobo. Mira que estamos nunha zona de lobo, que está comprobadísimo, que temos ido ás Paxareiras a ouvearlles e nos contestan, pero en dous anos non tivemos un só problema”.

A simbiose é fantástica, porque as vacas manteñen limpo o monte, e de feito, aseguran que “gracias ás vacas, un incendio que houbo o ano pasado na parte de Terelle, non chegou ás casas da Abelleira”. “As vacas onde están é coidar o monte, viven como dios, e xunto cos 6 cabalos de pura raza que temos alá, son un atractivo máis para que a xente vaiamos disfrutar do monte.

Cabalos de pura raza nos montes de Esteiro

A vontade da Comunidade sería contratar unha ou dúas persoas para coidar o gando, pero as dificultades económicas son evidentes para esta clase de entidades. A día de hoxe, a maior parte da directiva son persoas xubiladas, absolutamente volcadas co proxecto, ata o punto de que teñen todas as panaderías da volta avisadas para que lles garden o pan reseso para subirllelo cada día. Salvador, que foi presidente da Comunidade entre 2012 e 2016, é un deses que sobe a sacalas do curro e deixalas pastar por aí.

Vacas Cachenas nos montes de Esteiro
Salvador cas cachenas no curro

Plantación

Máis de 20 persoas, en grupos de 4, acodiron estes pasados sábados ao chamamento para plantar de frondosas un bosque da zona da Laxe, coa idea de recuperar para uso público esa zona. Están dándolle vida á zona, para facer un monte vivo.

Rexenerando un monte vecinal en EsteiroPlantandoPlantando na comunidade de montes de esteiro

Novas relacionadas

Máis novas

comentarios