Venres. 26.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

Antonio García, a primeira persoa cega que percorre o Camiño dos Faros

Temos alucinado vendo ás xentes do inclusivo Camiño sen Límites. E precisamente límites é do que carece Antonio García. Este home é a primeira persoa que fai o Camiño dos Faros, case que na súa totalidade, sendo cego.

Antonio, xunto ao seu inseparable e imprescindible guía Jose (de Sentir o Alto Tajo), fixeron en 12 días de maio, practicamente todos 200 km de cantís, carreiros, montañas, praias... A historia é incrible, e así o contaban os trans@s onte no 25º programa Trasneando, que publican polo FB O Camiño dos Faros.

Antonio García, a primeira persoa cega que percorre o Camiño dos Faros