Venres. 26.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

A Costa da Morte, protagonista das Rutas Bizarras de La2

Estreábase onte un novo programa en La2. Rutas Bizarras trata de ser unha especie de programa de viaxes, desubrindo lugares singulares, saídonse dos tópicos, e sempre dende o humor. Para iso, quen mellor que Xosé A. Touriñán, que acompaña a Marta Hazas nesta aventura televisiva.

O seu primeiro programa, gravado xa o pasado mes de xuño, tróuxoos a Galicia, á Costa da Morte. Arrincaba en Muxía, nas Pedras da Barca con Pepe Formoso e o veciño Manuel Jesús Suerra.

Pasou polo Cemiterio esquecido de Fisterra de César Portela, onde o noso Ubaldo Cerqueiro explicou a súa historia e onde o hosteleiro David Traba explicou o sentir da veciñanza.

De contado achegáronse a Camelle, para visitar o Museo de Man gracias a Andrea Serodio, e para coñecer un pouco máis como era o Alemán de Camelle da man da súa amiga Conchita.

Aínda tiveron tempo para achegarse polo Couto para coñecer o mural que Yoseba MP lle ten dedicado a Nieves.

Dende logo, un fermoso espazo para que a Costa da Morte luza así de ben, ante, nada menos, que 459.000 espectadores, obtendo un 2,7% de cota de pantalla.

 

 

A Costa da Morte, protagonista das Rutas Bizarras de La2