Venres. 19.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

A palabra en solpor. Unha curta de animación e poesía de Mauro Trastoy e Estevo Creus

Curiosa e fermosa esta curtametraxe de animación e poesía realizada polo poeta Estevo Creus e o artista compostelán Mauro Trastoy.

Lévannos para facer un pausado percorrido pola Costa da Morte, “o solpor, e o seu latexo. Este territorio que respira e anda”. Facemos con eles "un percorrido pola Costa da morte. Onde o solpor sempre é unha porta".

Trátase dunha "curta de animacion feita man a man entre o artista Mauro e mais eu", explica Creus. "Nel pretendíamos facer poesía ao través da imaxe, a palabra escrita e o son, considerándoos como elementos nos que se sustenta a mirada poética. A poesía. Aquí habería pois versos non falados, que só chegan ao través da contemplación". "Acollémonos á idea do solpor, e da especie, para preguntármonos como é realmente o territorio que habitamos. Que ou que configura o estar e o habitar. E o que hai detrás. O solpor da palabra, é tamén un desaparecer da linguaxe, para un aparecer da pegada, do ollo, da pel, do aceno. O latexo", debulla
 

A palabra en solpor. Unha curta de animación e poesía de Mauro Trastoy e Estevo Creus