Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fútbol da Costa

Xa podedes ver o Mazaricos-Baio en aberto

Máis dun milleiro de persoas non se perderon a retransmisión en www.qpctv.gal en directo do Mazaricos-Baio da segunda xornada da 1ª Galega. Xentes de toda a Costa da Morte, de toda Galicia e de todas partes da península conectaron co streaming, pero tamén houbo visitas de lugares das nosa diáspora como Suiza, Lichstentein, Estados Unidos, Polonia ou Francia.

Un pattido patrocinado por Miky, de Comercial Agrícola Miky, que compartiu as súas inquedanzas ao comezo do choque con Santi Caamaño. Antón Lestón e Óscar Leis volveron levar o peso da retransmisión nun partido que perigou pola néboa, que apenas permitía ver o outro lado do campo.

O cadro local venceu 2-0 e o Fútbol da Costa como tamén sufriron dende o Bar Trébol de Baio, un deses bares nos que pincharon o partido costeiro na tele grande e o Dépor na pequena!

Plataforma de pago

Este partido volveu ser emitido en aberto para que vexades o formato de emisión. A partir da vindeira semana, estrearemos a nova plataforma de pago, e poderedes sucribirvos en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1ª, 2ª e 3ª Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

Agardamos que confiedes na potencialidade de termos unha televisión propia na Costa da Morte, que fagades propio o proxecto e vos suscribades.

Gracias aos nosos colaboradores principais:

 

Ver partido entre Corme e Soneira.

Máis novas sobre QPCtv

Xa podedes ver o Mazaricos-Baio en aberto