Sábado. 12.10.2024
El tiempo

#QPCtv estreouse no Cairo cunha retransmisión histórica

#QPCtv estreouse no Cairo cunha retransmisión histórica

Día histórico para o Fútbol da Costa e a Costa da Morte coa primeira retransmisión dun partido das Ligas da Costa en directo. O Cairo foi escenario ideal para a posta de longo do proxecto #QPCtv, esa “tele” da Costa que terá neste primeiro impulso o Fútbol como fío condutor.

Este Corme-Soneira da 1ª Galicia foi a estrea, e a expectación na sempre comprometida vila cormelá, como no resto da bisbarra foi máxima.

1.400 persoas conectaron coa retransmisión durante as 2 horas e media que durou, e o fixeron dende lugares tan diversos como Cee, Carballo, Ponteceso, Laracha, Fisterra, Muros, Vimianzo, Muxía… Pero tamén dende Betanzos, San Sadurniño, A Coruña, Mugardos, Vigo, Madrid, Barcelona, San Sebastián, as Canarias, Palencia, Granada, Málaga, Sevilla, ou mesmo Suiza, México, Estados Unidos ou Países Baixos. Unha demostración de que a diáspora tamén forma parte deste proxecto,

Equipo

Equipo de QPCTV

O proxecto nace gracias á fusión dos proxectos de Quepasanacosta e a produtora costeira SensorMedia, co impecable traballo de Aleuto na parte técnica, e coa colaboración das seguintes casas:

Ademais da excelencia técnica da retransmisión (“mellor que Footers” foi un clásico nas redes sociais durante a tarde dominical, e iso que non puidemos tirar abaixo as columnas das bancadas), as voces visibles demostraron unha profesionalidade tremenda, A locución de Antón Lestón foi absolutamente impecable, con máxima profesionalidade que lle augura un futuro incrible no mundo xornalístico ao corcubionés. Alberto Pose e Óscar Leis demostraron as súas táboas tralos micros, con comentarios técnicos ao pé e sen florituras.
Unha das fichaxes máis singulares do proxecto é a de Santi Caamaño, que gozou falando coas bancadas e disfrutou sabendo que en Corme tamén coñecen ao Duo Minúsculo. A súa participación na retransmisión irá aumentando seguro para darlle máis ritmo aos partidos..

Plataforma de pago

Este partido foi emitido en aberto para que vexades o formato de emisión. A partir desta ou a vindeira semana, estrearemos a nova plataforma será de pago, e poderedes sucribirvos en qpctv.gal a partir de 4 euros ao mes, tendo asegurando, polo menos, a cobertura en directo dun partido das 1ª, 2ª e 3ª Galicia da Costa cada semana, ademais doutros contidos.

Agardamos que confiedes na potencialidade de termos unha televisión propia na Costa da Morte e vos suscribades.

Gracias aos nosos colaboradores principais:

 

Máis novas sobre QPCtv

Comentarios