Xoves. 16.07.2020
El tiempo

FÚTBOL DA COSTA

Os premios dos sorteos dos Álbumes completos do Fútbol da Costa van para….

Este domingo 21 de xuño vimos de realizar o sorteo dos premios aos que completastes algún dos dous álbums de cromos do fútbol base costeiro. Mágoa que non se puidera celebrar a VI Gala do Fútbol da Costa, formulada nun principio para este vindeiro venres, onde tiñamos a idea de facer o sorteo en directo. Pero en todo caso, xa temos os gañadores de entre as máis de 70 personiñas que nos enviastes o voso álbum completo.

Así, o patinete eléctrico de Master BB Muros e o minidron de Milar Cee van para… Laxe. Os dous gañadores do sorteo, realizado con pequeno Telmo como man inocente deron que o gañador do premio do álbum benxamín e Prebenxamín é Adrián Calo Suárez, da familia do SD Laxe (que leva o patinete); mentres que o gañador do premio do álbum infantil e alevín é para Ainoa Rodríguez Varela, tamén do SD Laxe (que leva o minidron).

A verdade é que a comunidade de Laxe foi das máis activas facendo case un completo entre todos os xogadores, mesmo a ex presidenta dando exemplo.

Abrimos a quenda de últimas peticións

Así mesmo, anunciamos que podedes facernos as peticións dos últimos 20 cromos que vos faltan para completar o álbum. Enviádenos a lista, ata o 30 de xuño, e a vosa dirección a [email protected] e por un custo de 0,50€ o cromo enviarémosvolos por correo.

Novas do Álbum

Os premios dos sorteos dos Álbumes completos do Fútbol da Costa van para….