Luns. 28.09.2020
El tiempo

A xira de presentacións do Álbum da Costa, unha inxección de ilusión

Cativada de Corcubión e Fisterra unida na presentacion do Álbum de Cromos en Fisterra
Cativada de Corcubión e Fisterra unida na presentacion do Álbum de Cromos en Fisterra
A xira de presentacións do Álbum da Costa, unha inxección de ilusión

Hai proxectos que invitan a seguir, a medrar. E o Álbum de cromos do Fútbol da Costa base é un deles. Unha iniciativa que, despois da completa semana de presentacións, e de televisión, danos un impulso xigantesco para seguir vertebrando a Costa da Morte a través do deporte.

Porque precisamente esa foi unha das mensaxes que quixemos lanzarlle á cativada costeira durante esta “xira”. Que o máis importante son os amigos, e que os amigos se fan no equipo da casa, do “pueblo”, pero tamén nos equipos contrarios. Por iso, dende xa, gracias ao álbum, aquel 7 que nos meteu 3 goles xa non vai ser “o 7”, xa é Luís. Por iso, incitámoslles a todos as que leven o taco de “repes” a cada partido, para facer quedadas ao remate de cada partido.

Unhas presentacións nas que tamén quixemos contar cos capitáns e capitanas dos equipos sénior, para que as criaturas vexan que teñen espellos nos que fixarse moi preto, e non fai falla marchar á televisión a buscalos.

Xa vistes como nos foi no Cunchido con Álvaro e Gato e en Muros con Pati, capi das Miúdas. Hoxe damos un repaso fotográfico polo Carral, o Conco, Fisterra, Vimianzo e Santa Comba.

O mércores, en Sofán

Presentacion do Album de Cromos en Sofan

O martes fixemos rolda por Bergantiños. Deixamos material por lugares como As Redondas, Laxe, Razo… E fixemos parada no Carral. Máis de 60 [email protected] esperaban ansiosos na cantina do Carral polos cromos. O presi Ricardo e Matías Navarrete, un deses rapaces que fai club só con abrir a boca, deu unha lección maxistral do que significa xogar nun club que sentes como a casa.

Xoves, en Dumbría e Fisterra

Presentacion do album de cromos en Dumbria

A ruta do xoves levounos por Dumbría e Fisterra. No Conco xuntáronse as familias de Dumbría e Muxía, facendo real xa esa intención nosa de unir, de “vertebrar”. Muxiáns e dumbrieses escoitaron as xenerosas palabras do anfitrión, César Ferrío, así como as experiencias de vida de Marcote, xogador fisterrán pero moi arraigado a Dumbría; e Congui, un dos capis do Muxía sénior.

Presentacion do album de cromos en Dumbria 2
César Ferrío, Ubaldo Cerqueiro de QPC, Marcote e Conguito

Tan fermosa foi a sesión no ateigado salón de Actos do Concello de Fisterra. A cativada de Corcubión uniuse ás ducias de [email protected] fisterráns, e puideron sentir a experiencia de varios “homes de club”, como son Adrián Makaay, Dani Rubia ou Antón Lestón.

Presentacion do Album de Cromos en Fisterra 2

Venres, pechando a xira en Vimianzo e Santa Comba

Presentacion do album en Vimianzo
Ubaldo Cerqueiro, MC, a alcaldesa Mónica Rodríguez, Paco, De la Sierra e Emiio Corzón

O venres foi tamén outro día especial. Chovía a cántaros pero a cativada de Vimianzo e Zas non puido evitar obrigar ás familias a achegarse á Casa da Cultura de Vimianzo para recoller o seu álbum. Paco, eterno xogador da Liga da Costa, e adestrador dos peques vimianceses, ademais de De la Sierra (capi do Soneira) e MC (capi do Baio) compartiron as súas alegrías e detalles arredor do singular que é o Fútbol da Costa. “Eu teño os meus dous cromos pegados na neveira”, recoñecía cheo de ilusión o propio MC.

Presentacion do album en Vimianzo 2

 

Presentacion do album en Santa Comba
Manuel Corredoira, Bea, a presi do Xallas, Doro, Rafael Louzán e Ubaldo QPC.

A última parada foi a de Santa Comba. A idea era facer unha cousa pequena no hall do Edificio de Servizos Múltiples, pero… a cousa fóisenos tamén das mans e practicamente estaba chea, feito que sorprendeu ao propio presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que pasaba pola Costa e non dubidou en parar e comprobar a ilusión deste proxecto único en Galicia.

Presentacion do Album en Santa Comba 1

Todas as novidades do Álbum da Costa

comentarios