O outono é tempo de Magosto e Teatro, e por Buño teñen varias actividades en marcha. O próximo sábado, día 15, celebran o Magosto en Buño e para o sábado 22 hai Teatro.
Magosto
Xuntanza interxeracional a que formula a familia do Quinteiro cunha xornada con actividades que van gustar a tódolos públicos: narración oral con Vero Rilo e “Contos de Defuntos (e outros asuntos)” con Brais das Hortas, e castañas, moitas castañas de balde pra todos.
A cita será a partir das 17:30 no EcoMuseo Forno do Forte. Comzará Vero Rilo; ás 18:30h, a proxección do vídeo gravado a semana pasada, “Xogos no Quinteiro”, para comezar ás 20:00h cos“Contos de defuntos (e outros asuntos)” con Brais das Hortas. Todo, con bar e castañas
Teatro
A compañía Grupo Sen Tempo Teatro, da Escola municipal de Teatro de Zas, estivo o pasado mes de abril en Buño coa función “A voltas co morto”; colleitaron tal éxito que quedamos con gañas de máis. É así que os convidaron de novo a presentar “O Home do Sofá”, nunha sesión de tarde que promete ser do máis divertida.
A Entrada libre con aforo limitado o sábado 22 no CAT de Buño, ás 18:00h. A obra dura 90 minutos, e está dirixida a maiores de 12 anos