Lisdexia lanza novo bombazo

Despois do tremendo "Ay Gayego" os muradáns Lisdexia volven con outro bombazo. "Esclavos do baile” é novo adianto que da nome ao que será o seu terceiro EP, que se publicará en abril. O grupo de Muros presenta unha esmorga moi particular coa que mostran todas as intencións da banda nesta nova etapa: facer que o público non pare de bailar. Anxo Beiro e Antón Vidal atópanse detrás da dirección desta proposta, que gravouse en varios escenarios da localidade de Muros. “El muerto al hoyo y el vivo al baile” reza Lisdexia nun videoclip onde o caos, a diversión e as resacas das festas mestúranse para homenaxear a todos aqueles que non poden deixar de bailar.

Con 10 anos de traxectoria tocando en salas e festivais, e inspirados por bandas como Terbutalina, Siniestro Total, Novedades Carminha ou Carolina Durante, Lisdexia promete asentarse no panorama como a banda para revolucionar as pistas de baile.

 

Máis novas de Lisdexia