Venres. 19.04.2024
El tiempo

Muros

A banda Lisdexia ponse verbeneira co seu novo tema “Foliada Mástica”

A banda muradana, que vén de actuar no Festival das Carrilanas Km.0 e no festival A Revolta do Umia, sorprende agora co lanzamento dun novo tema da man de Chuko, de Bungalow Studio. “Foliada Mástica”, gravado e masterizado da man de Chuko de Bungalow Studio, combina unha letra propia na cal a banda amosa unha crítica a todos eses comentarios despectivos que sempre hai cara as orquestras, cos cales non se valora o traballo e a aportación cultural destas agrupacións, cos ritmos frenéticos propios da maioría dos seus temas que sempre incitan ao baile e ao bo ambiente.

O grupo Lisdexia nace no ano 2015 coa agrupación de 5 amigos que, tras participar en outros proxectos e bandas, deciden unirse para deixar a súa pegada no panorama musical galego. Fran Trillo (voz) e Fran Lestón (guitarra), líderes do proxecto, foron os responsables de que Ángel Lestón (baixo), Chema Caamaño (batería) e Javier Fernández (guitarra) aceptasen unirse ao proxecto aportando os seus coñecementos par axudar a crecer ó grupo. Grazas tamén ao apoio de Juan Figueiras, director da Sala Nasmo, quen os axudou a medrar tecnicamente.

Pese á difícil situación provocada pola pandemia os mozos de Lisdexia, seguen de xira, e estarán o próximo 18 de setembro no Canteira Fest, Vilaboa. Ademais, xa se atopan a planificar e prepara o lanzamento dun pequeno disco de estudio para o próximo ano, de cara a dar aínda máis visibilidade ao proxecto e seguir medrando.

Novas relacionadas

A banda Lisdexia ponse verbeneira co seu novo tema “Foliada Mástica”