Venres. 19.04.2024
El tiempo

Lisdexia líase de cañas cun novo EP

Lisdexia 2022 - Confirmación Mamadas
Lisdexia líase de cañas cun novo EP

Xa temos na rúa (máis ben na rede) o novo EP de Lisdexia. A banda muradá saca “Espabila as mamadas”, gravado integralmente no Bungalow Studio, que supón un xiro nos ritmos aos que nos teñen acostumados.

Os Fran Trillo (Voz), Jalp (Baixo), Chema (Batería), Javi (Guitarra) e Franles (Guitarra) lanzan 4 divertidos bombazos, con coros tarareables pensando en poder meter de cheo ao público nos bolos. “Un disco bastante cantable e bailable, volvendo a xustificar unha vez máis as nosas intencións: facer que a xente disfrute e o pase ben coa nosa música, e que se olvide do demais”, explican.

Con ”Santa Cumbia, vinculan os seus gustos musicais cos da mítica verbena galega dos veráns, que tanto botan de menos. “Espabila as Mamadas” é unha canción dedicada para aqueles todos festivaleiros e festeiros “coma estes 5 servintes”.

Novas de Lisdexia

Novas relacionadas

Comentarios