Venres. 29.03.2024
El tiempo

As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records

As bandas muradás Lisdexia e The Rapants gradúanse con Teen Records
Sesión de fotos The Rapants en Teen Records Sesión de fotos The Rapants en Teen Records Lisdexia na sesion de fotos de Teen Records Lisdexia na sesion de fotos de Teen Records A produtora Teen Records continúa dándolle cabida e visibilidade aos grupos de música adolescente. O proxecto musical de catro rapazas nadas no 2015 (unha delas a ceesa Antía Rodríguez) chega ao remate da súa cuarta edición, unha edición moi muradá. E faino cun festival, #AMovidaFest, que se celebrará esta fin de semana de 15 e 16 de setembto en Negreira. Co propósito é axudar a impulsar a carreira musical de agrupacións galegas emerxentes conformadas por adolescentes (entre 16 e 22 anos), Teen Records escolleu este ano ás bandas muradás da #factoríaNasmo The Rapants e Lisdexia. Os seus integrantes participaron a pasada fin de semana nunhas xornadas formativas sobre comunicación e produción musical e audiovisual impartidas polas catro integrantes de Teen Records que tiveron lugar na Casa da Cultura de Negreira. Toda unha experiencia que lles vai acompañar nas súas prometedoras carreiras. Non rematará aí a experiencia para as bandas costeiras, pois aínda lles queda proceder á gravación dun single no estudo A Casa do Rock os días 29 e 30 de setembro. Sesión de fotos de Teen Records coa banda Lisdexia Sesión de fotos de Teen Records coa banda Lisdexia The Rapants gravando en Teen Records

Festival AMovidaFest

A posta en escea, iso si, tena xa preparada para o festival desta fin de semana, pois o sábado tocarán a partir das 22:00h na Praza do Concello de Negreira. O Festival terán moitas máis cousas, como o mercado de novos creadores Espazo Emerxe que contará coa presenza de artistas galegos emerxentes de diferentes ámbitos, como a ilustradora Rebeca Domínguez; a escritora Sara Carballal, que presentará o seu libro De cenizas e incendios; Rebeca Solla, que expoñerá os seus gravados; a marca ‘Cousas Raras’ de deseño de camisetas de Rocío López; a fotógrafa e artista multidisciplinar Emma Crespo; a artista Catalina Monmeneu; a fotógrafa Verónica Alvez; a creadora audiovisual Inés Iglesias; ou a creativa Rocío López. A programación do festival quedará completa coa realización de charlas e relatorios de profesionais do ámbito do música abertos ao público. Falarán o músico e profesional do audiovisual Xaime Fandiño; Laura Romero, creadora do proxecto Músicas Ilustradas; membros do colectivo de xestión cultural La Melona e membros do grupo Ataque Escampe.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/un-selo-de-musica-adolescente-con-semente-de-cee-e-froitos-muradas/

Comentarios