Así é o innovador e comprometido xiro da banda muradá Lisdexia co temazo "Ay Gayego"

Seguen medrando as bandas muradás emerxentes. Hoxe é Lisdexia a que presenta o primeiro sinxelo do seu agardado novo disco EP, que sairá nun mes e medio aproximadamente. Con esta nova canción, a banda mantén a súa esencia rebelde e enérxica dentro do "garaxe", pero sorprende cunha renovada imaxe e unha colaboración innovadora.
En "Ay Gayego", o grupo formado por Fran Trillo (voz), Fran Lestón (guitarra), Ángel Lestón (baixo), Chema Caamañou (batería) e Javier Fernández (guitarra), fusiona o seu estilo característico coa tradición da muiñeira, coa participación especial de As Fanfurriñas, trío de cantareiras formado por María Fernández, Alba Figar e María Dosil. "Queríamos compartir experiencia con estas artistas que dedicaron a súa vida á conservación e difundir os versos e as letras herdadas das xeracións pasadas, recuperando a cultura Galego popular con autenticidade e paixón".
O novo sinxelo de LISDEXIA non só representa unha evolución musical, senón tamén unha compromiso coa defensa da lingua galega. A través de letras satíricas, a canción aborda a actitude de certos sectores xuvenís que negan a lingua propia, reafirmando a importancia de preservar e valorar a identidade lingüística.
A canción foi gravada e producida nos Bungalow Studios, en Santiago de Compostela, por Chuko e Lisdexia entre os meses de decembro e febreiro. Ademais, contou coa colaboración da oficina Off Stage, Jesús do Toumo, Mon, Sergio e con deseño de Emma de la Fuente.
A canción xa está nas plataformas dixitais como Spotify e YouTube, e a banda convida a todos os seus seguidores para sintonizarse e estar atentos ás próximas novidades.