Muros consume consciente e pecha por #BlackFriday
Avanza o mes de novembro e a publicidade do venres negro nos empeza a borbardear. Difícil saír da voráxine consumista formulada por e para os xigantes do comercio online. En Muros, os comerciantes teñen claro que esa non é unha data positiva para ela, e para darlle a volta varios axentes locais e o propio Concello teñen preparada unha campaña ben fermosa de promoción do comercio local: ‘En Muros poñémoslle cor ao venres negro’.
Veñen de lanzar este vídeo ás redes sociais e este venres 17 terá lugar, ás 11:00h no Cine París, a presentación oficial da campaña Muros Consume Consciente, esta campaña de sensibilización e concienciación sobre o consumo consciente e responsable.
Estarán María Lago, alcaldesa de Muros; Laura Eiras, concelleira de Promoción Económica e Alba Fernández, coordinadora da campaña e responsable do Espazo a Maceta.
O venres, coñeceremos as accións que van desenvolver, como vestir os escaparates dos baixos que están sen uso para despois facer instalacións de Tape Art sobre eles.
De feito, a campaña xa está desenvolvendo algunha actividade, como estes obradoiros de creación con crebas que desenvolve María Candamo, de @lixo.atelier.