Luns. 29.04.2024
El tiempo

María de Dina fai xoias con crebas: “Para min Louro, o mar e a natureza en xeral son inspirasión”

Maria de Dina-Lixo_atelier
Maria de Dina é a creadora de Lixo
María de Dina fai xoias con crebas: “Para min Louro, o mar e a natureza en xeral son inspirasión”

María Candamo, máis coñecida como María de Dina, é unha loureá (Muros) de 22 anos. A piques de rematar a carreira de Deseño de Moda xa lanza a súa primeira marca de xoias: lixo.atelier.

Unha marca que se basea na reciclaxe, nas crebas. Ela sae polas praias e coídos da volta a recoller cordas, redes, sacos… e despois no seu atelier (no seu estudio) crea os seus deseños.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

A post shared by Lixo (@lixo.atelier)

 
  • QPC: A túa paixón pola coa moda vén de lonxe?

Non sempre me interesou a moda, foi máis ben unha elección que fixen cando tiña que decidir que facr despois do Bacharelato. A min gustábame vestir diferente, ir ós armarios dos avós e ver que se podía aproveitar... e probei a entrar na carreira para aprender algo de moda.

 
  • QPC: E esa visión da reciclaxe como parte do proxecto, de que ben?? es crebeira de toda a vida?

Todos os traballos que fixen na escola están moi relacionados ca miña terra, para min Louro, o mar e a natureza en xeral son inspirasión.
Criáronme no respeto e no amor ó medio e cando ves como o sector o que te ques dedicar o está destruíndo é inevitable querer cambialo. Por eso esta visión da reciclaxe como parte fundamental dos meus traballos.

O tema das crebas é tradición na miña familia, nunca sabes que tesouros podes atopar despois dun temporal, pero a parte deso tamén temos o costume de sacar os residuos da praia cando imos só pasear.

 
  • QPC: Como nace, entón, o proxecto Lixo.atelier? En que te fixaches?

"Lixo” nace nun destes paseos por Area Maior, vendo como o mar arrastraba á orilla cunchas de muitas formas e cores, e lixo tamén de muitas formas e cores. Pensei que algo tería que facer con el, que realmente era bonito e aínda que quen o tirou (onde non debía) o tirou por inservible, eso podía ter máis vidas noutro lado.

Cadraba aue estaba xa dandolle voltas ó tema do traballo para a carreira e tiña claro que tería relación co mar, desde unha perspectiva ecoloxista. Polo que usar esas redes, cordas, etc para a colesión pareceume boa idea.

Púxenme a experimentar e decidín empesar creando algún complemento, moita xente fai colares e outras xoias con cunchas que saca da praia e eu pensei en sacar o lixo en vez das cunchas.

 
  • QPC: Cal é a súa filosofía?

A idea e a filosofía sería esa, crear moda sendo respetuosa co medio, neste caso limpando directamente as praias.

 
  • QPC: O proceso de creación é bastante complexo, non? cóntasnos como é?

O proceso de creación empeza ca recollida, de onde máis material saquei foi de Area Maior e da Lagoa de Louro, que por desgrasia ten muito material.

Despois selecciono e limpo, preparo os moldes (que tamén fago eu, con formas variadas), e fago a mezcla de resina (uso unha con certificado BIO). Cando teño todo listo poño as redes/cordas nos moldes que vou preparar e verto a resina... o resto é perfeccionar sacando burbullas, colocando da forma correcta os residuos e demais. 24h despois desmoldo e ven a parte máis tediosa, lixar, pulir, dar brillo... e dependendo do produto poñer enganches e demais.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Comentarios