Luns. 29.04.2024
El tiempo

O comercio local responde positivamente á campaña Muros Consume Consciente

  • Nova campaña #antiBlackFriday desenvolta dende a vila: "Muros ponlle cor ao venres negro"
Consumo Responsable en Muros
Gran expectación na presentación
O comercio local responde positivamente á campaña Muros Consume Consciente

Presentada quedou este luns a campaña “Muros Consume Consciente”. Unha campaña de sensibilización e concienciación sobre o consumo consciente e responsable, promovida dende o Concello, a través dunha proposta ofrecida por varios axentes locais comprometidos como son Auga e Sal, Galuriña, Fresco y del Mar e Espazo a Maceta, que trata de dinamiza o comercio local. A presentación correu a cargo da alcaldesa María Lago, a concelleira de Cultura Caridad González, e a concelleira de Promoción Económica Laura Eiras Rivadeneira.

Máis de 35 profesionais déronse cita ás 21:00h da noite para escoitar a idea, o que dá conta do interese do sector nesta clase de iniciativas. “O Comercio de Muros está na UCI, calquera cousa que se faga é moi positiva”, sinalaba algún.

Ademais das intervencións das representates do grupo de goberno de coalición, un dos que tomou a palabra foi Milucho Louro, que o ano pasado xa estivo en medios de todo o estado gracias á campaña #antiBlackFriday desenvolta na vila dende Fresco y de Mar.

I é que había algo de medo da resposta do comercio ante unha data tan sinalada, pero unha enquisa desenvolta polo equipo de traballo saca á luz que que o #BlackFriday apenas lle sae á conta a 3 establecimentos da vila (pero o resto de novembro en branco), mentres que para a gran maioría é un gran fracaso.

Con estes vimbios Muros afronta un novembro comprometido, comezando en breve coa difusión nas redes dun vídeo-manifesto. Durante a semana do BlackFriday (do 20 ao 26), facendo valer o “Muros ponlle cor ao venres negro”, por un lado os baixos que están sen usar vestiranse de luto, pero coa invitación de facer instalacións de “tape-art” sobre eles.

Tamén haberá un roteiro artellado por Monste París, de Auga e Sal, antes do gran evento, que terá lugar o propio venres 24 no Cine Parín, cunhas mesas de participación, a creación dun mural participativo, e a exposición dos traballos das comunidades escolares que nos ofrecerán alternativas ao noso modo de consumo actual.

Queda creada ademais a marca “Muros Consciente” que poderá servir para outras iniciativas.

Novas relacionadas

Comentarios