Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Muros

PP e PSOE aproban os primeiros orzamentos en Muros dende 2015, apesar do informe desfavorable de intervención

Dende 2015 o Concello de Muros tiña os orzamentos prorrogados. Pasou unha lexislatura completa, e case dous anos doutra para ter novos orzamentos, unha necesidade tremenda debido aos tempos nos que nos atopamos. Foron finalmente aprobados, cos 8 votos a favor do goberno popular e o apoio do PSOE, e cos 5 votos en contra de CxG e BNG, case 8 millóns de euros, cun 50% para fastos en persoal, e a posibilidade de incrementar os investimentos con 4 millóns de remantentes.

Dende os dous grupos que votaron en contra lamentan a falta de diálogo, pois o PP só se sentou co PSOE para estudalas propostas. Pero van máis alá, e tamén denuncian “anomalías” na creación dos orzamentos. Así o denuncia o BNG, que considera que o goberno está “repetindo erros do pasado, que volverán xerar sobrecustos administrativos para a poboación, e volverán a meternos nunhas dinámicas de gasto nos que os intereses dos partidos priman por enriba dos intereses dos cidadáns”.

A voceira do BNG María Lago alerta de que “o informe de intervención non é favorable, polo que tal e como están plantexados estes orzamentos, dentro duns meses, estaremos outra vez aquí sentadas para aprobar partidas de crédito extraordinarias”. O informe, que sinala un desfase de medio millón de euros, sinala que “Proxecto de Orzamento do Concello de Muros para o ano 2021 incumpre o principio prudencia na valoración dos activos, incorpora necesidades de financiamento equivalentes ao 2,50 por cento dos recursos ordinarios orzamentados por operación non financeiras, arroxa un límite do gasto non financeiro (teito do gasto) superior aos recursos non financeiros e preséntase sen nivelación real e efectiva do 6,42 por 100 dos créditos iniciais.”

PP e PSOE aproban os primeiros orzamentos en Muros dende 2015, apesar do informe desfavorable de intervención