Rosalía Fdez. Rial presenta "Desnortadas" na súa segunda casa

Hoxe, mércores, 29 de decembro, ás 20.00 h., no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, terá lugar a presentación do libro “Desnortada”, obra da poeta e profesora carballesa Rosalía Fernández Rial que acaba de ver a luz en Edicións Espiral Maior. O libro inclúe un CD con 8 temas poético-musicais interpretados na voz da autora e con música (acordeón) de María Álvarez Santiago.

Participarán no acto, a autora, Rosalía Fernández Rial; o crítico de arte e historiador Antón Castro, e o director de Edicións Espiral Maior, Miguel Anxo Fernán Vello.

Novas relacionadas