Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ponteceso

Corme viviu a estrea do Documental sobre Mourelle de la Rúa

Acolleu este pasado sábado o Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte de Corme (MACCMO) o I Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro Chans. A Asociación Cultural Insua de Viastela quixo realizar unha homenaxe a este gran amante da sétima arte cun programa moi especial, no que aestrea do documental sobre “Mourelle da Rúa. O último gran Descubridor”, dirixida por Chema Gagino e producida por Recrea Films, foi o punto forte.

Aforo completo no MACCMO para escoitar a Chema Gagino e Amalia Mato. O director cormelán debullou a intrahistoria antes de dar paso a grandes especialistas como Suso Lista, Fernando Patricio Cortizo ou Rafael Lema, que son algúns protagonistas deste documental.

Cheo no MACCMO
Cheo no MACCMO
Poster de Mourelle
Descubriuse un ínclito póster de Mourelle

Ademais gustopu moitísimo ”A Virxe Roxa”, de Marcos Nine, un documental “fóra de serie”, Aurora Rodiguez Carballeira, nai de Hildegart. Gagino comentou que o mesmo Francis Ford Coppola aceptou vía email que uns fotogramas do seu filme podían aparecer sen problema neste documental Premio Mestre Mateo 2021.
A outra proxección foi a de “O Gran Camiño”.

Avisaron que en novembro farán unha homenaxe enorme sobre a figura de Mourelle. “Todo o que fagamos arredor de Mourelle é pouco. É inaudito que un personaxe da importancia de James Cook, Buganville… estea no máis completo esquecemento, sobre todo por nós, os máis cercanos, porque nos estranxeiro o coñece todo o mundo.

NOVAS RELACIONADAS

Corme viviu a estrea do Documental sobre Mourelle de la Rúa