Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Zas

O IES de Baio mírase no espello emancipador de mulleres con historia

O IES Maximino Romero de Lema vén de conmemorar o Día Internacional da Muller. O alumnado quere lanzar a súa "demanda a través do recoñecemento- moitas veces silenciado pola vontade dunha historia controlada por homes- do papel dunha serie de mulleres relevantes" -un total de 23- en diversos eidos da vida en sociedade: ciencia, música, política, arte, literatura....

"Como consideramos que son dignas de emulación, 23 mulleres do IES -persoal non docente, profesoras e tres alumnas da materia de Igualdade de Xénero- quixeron honrar esas mulleres coa realización dunha performance artística en que imitaban a muller de referencia, tal como se pode comprobar nas fotografías que acompañan estas palabras. Ao mesmo tempo, un breve texto serve de referente didáctico para recoñecer a relevancia destas 23 mulleres ante a Historia".
 

Expo 8m IES Baio

O IES de Baio mírase no espello emancipador de mulleres con historia