Seguindo a serie do Médico de Camelle, e as súas recomendacións sobre como usar as máscaras, Alicia Barreiro Cambeiro anímase a ampliar a información a través destes ilustrativos vídeos.
A médica do Centro de Saúde de Baio fai un repaso sobre as medidas de protección que debemos tomar cada un, para ter un sistema inmune óptimo. Autocoidado, movemento, prevención, nutrición ou emoción, son algunhas das claves deste novo vídeo.
En todo caso, sen tendes dúbidas de exercicios ou nutrición, podedes chamar ao Centro de Saúde de Baio (981708046) para falar con calquera d@s profesionais (Begoña, Marián e Alicia) ou tamén ao Centro de Saúde de Camelle (981 71 05 13) onde Fernando tamén vos atenderá.
Novas relacionadas
- O médico de Camelle explica como e cando usar as “mascarillas” caseiras.
- Laura Canosa: Os sentimientos dun 2020 ao outro lado da "mascarilla”.
- Manuel Montero, da Farmacia de Zas: "Antes podía conseguir guantes por 5€, agora pídenme 20 pola mesma caixa”.
- Baixada na afluencia de xente en urxencias e centros médicos: medo ou concienciación?.