Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Rosalía Fernández Rial leva o VII Premio Vidal Bolaño

Rosalia Fernadez Rial en Cabana
Rosalía Fernadez Rial dando un recital en Cabana
Rosalía Fernández Rial leva o VII Premio Vidal Bolaño

Segue de noraboa a nosa cultura. A muxiá/carballesa Rosalía Fdez. Rial vén de alzarse co VII Premio Vidal Bolaño 2024, outorgado pola Editorial Galaxia. Faino coa súa  obra Fóra de campo.

O xurado destaca da peza a súa temática acaída ao premio porque tata o perigo das redes sociais e o poder que exercen na creación da identidade da mocidade. Destacan tamén valores como a sororidade e a detección precoz do acoso.

Todo isto é transmitido a través dunha linguaxe actual e axeitada ao público ao que vai dirixida.

O venres 24 de maio, celebrarase, ás 19 h, no IES Ribeira do Louro a entrega do premio.

Comentarios