Dúas quendas de penalti deciden os Cuartos nocturnos da Copa da Costa FEM

Disputouse este mércores, en horario nocturno, e con moitas baixas, a eliminatoria dos Cuartos de final da IV Copa da Costa Feminina. Pendentes do Corcubión-Corme que se poderá celebrar o venres 17 no Cubaleiro, Dumbría, Camariñas e Xallas certificaron o seu pase ás semifinais tras eliminar, respectivamente, a Ponteceso, Cabana e Mazaricos. Dumbriesas e camariñás tiveron que tirar de lotería para pasar.
Tendes o cadro en www.copadacosta.com.
Ponteceso - Dumbría (1-1)
- Ponteceso: María, Lara, Ainhoa, Oanes, Berdeal, Silvia, Eva, Muiño, Noemí, Andrea e Claudia. Tamén: Colores, Noe, LauraR., Saray, Lucivili.
- Dumbría: Lis, Noa, Paula Carril, Lucía, Lara, Claudia, Sabela, Yoli, Paula Fandiño, Kelly. Tamén: Serena, Juliette, Reyes, Alba e Laura Montero.
- Goles: 1-0, m.34: Andrea de cabeza; 1-1, m.81: Serena nun córner.

Partido moi emocionante, pero pouco vistoso, no Pinguel, con máis de 200 afeccionados a pesar do horario noctuno. As de Curro saíron ao campo a dalo todo, sabían que era necesario fronte ao Dumbría de Santi Lira recente campión de liga. As locals apretaron dende o comezo, maniatando o dominio dumbriés cunha presión alta e moi intensa, buscando facer dano nas contras. Pouco a pouco o Dumbría ía calmando o partido e chegando a área de María, pero foi o Ponteceso o que se adiantaba á media hora cun gol de cabeza de Andrea.
Na segunda parte o Dumbría daría un paso adiante, aínda cas locais non baixabano ritmo en ningun momento e ameazaban continuamente a portería de Lis. Pero a meta dumbriesa estivo firme, e acabou sendo a protagonista do choque. Non foi ata o minuto 81 cando o Dumbría conseguía empatar, nun córner, levando a eliminatoria á quenda de penaltis.
E volveu aparecer Lis, parando dous penaltis e permitindo que o cuarto, lanzando por Claudia, fose suficiente para pasar de eliminatoria.
Camariñas - Cabana (0-0)
- Camariñas: Desirre, María Mouzo, Aurifero, Rosana, Rocío, Elena, Paula Mouzo, Laura Garrote, Keren, Nuria e María. Tamén: Ainoa, Lola, Natalia, Lara e Leti.
- Miriam, Alison, Sheila, Aroa, Begoña (Antia), Inma,Alejandra (Jessi Rojo, Iria, Isabel (Saray), Irene e Adriana.
Partido moi disputado con alternativas e con poucas ocasións de gol xa que calquera dos dous equipos non daban opción. Só as xogadas a balón parado levaban certo perigo. A mellor ocasión das locais foi un balón que tocou no longueiro de Karen e as porteiras solventaron ben o traballo que tiveron.
Ao final empate a 0 e nos penaltis as de Camariñas estiveron máis acertadas e despois do oitavo lanzamento acadaron a clasificación. Foi Elena a autora do penalti decisivo.
Mazaricos - Xallas (0-2)
- Mazaricos: Valeria, Silvia, María Senra, Mariña, Fátima, Buján, Raquel, Claudia, Lúa, Ánxela. Tamén: Paula Maneiro, Paula Rod., Leire, María Antelo, Iria, Saray e Cerbán.
- Xallas: Rosio, Clarla, Saskia, Paula, Andrea Barbeira, Andrea Otero, Michelle, Noelia e Olalla. Tamén: Inés, Yasmina, Daniela, Laura e Claudia Facal.
- Goles: 0-1, m.46: Noelia dende fóra da área; 0-2, m.62: Olalla.
Gran partido o vivido na Picota, cun Mazaricos que fixo un dos seus mellors partidos da temporada, pero non puido co experimentado cadro xalleiro. As amarelas estiveorn moi intensas, controlando a Olalla e Noelia con Claudia e Buján moi enriba. Intentanban roubar e saír á contra pero co paso dos minutos o dominio verde foise materializando en máis ocasións.
Despois do paso polos vestiarios chegaría o tanto de Noela dende fóra da área, cun golazo ante os aplausos da bancada. Co 0-1 as de Rachón tiveron unha de Mariña dende fóra da área que se foi por pouco e duas xogadas despois chegaria o 0-2, por parte de Olalla tras unha boa xogada colectiva. Estirou liñas o cadro amarelo, pero non conseguiría mover o marcador.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- O FUTFEM volve ao seu berce: A Esteirana súmase á revolución do Fútbol Feminino da Costa.
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.29: O Dumbría ratificou o seu poderío ligueiro á espera dunha Copa de mércores.
- X.28: O Dumbría cantou o alirón da primeira Liga da Costa feminina.
- X.27: O Dumbría, a un paso do título da Liga da Costa.
- X.26: O Ponteceso arrebatou o liderato e a condición de invicto ao Corme.
- X.25: O Ponteceso alonxa ao Muxía da loita pola promoción.
- X.24: O Camariñas frea ao Corme e ponlle o título a tiro ao Dumbría.
- X.23: O Corme tamén supera o obstáculo do Muxía.
- X.22: Xornada de fermosos derbis.
- X.21: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título.
- X.20: Derbi de tolos en Ara Solis.
- X.19: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso.
- X.18: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta.
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.