Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Roi da Costa amenizará a Gala do Fútbol da Costa

Roi da Costa facendo o ImproDepor con Xavier Veiras no CP Teixeiro
Roi da Costa facendo o ImproDepor con Xavier Veiras no CP Teixeiro
Roi da Costa amenizará a Gala do Fútbol da Costa

Despois de coñecer que Mónica Martínez será a presentadora da IX Gala do Fútbol da Costa-QPC, queremos saber quen vai ser o animador da xornada do venres 7 de xuño. E ese non será outro que Roi da Costa. Se Mónica é de San Cremenzo, Roi é de Cundíns, polo que a Gala terá acento de Zas nesta edición, malia celebrarse en Santa Comba.

Roi da Costa toma o relevo de grandes humoristas do noso país como Adrián do Regenco, Fede Pérez, Víctor Fábregas, David Perdomo, Marcos Pereiro, ou Pachi e Culo.

O dobrador e humorista é o presentador oficial da Festa da Carballeira de Zas, e leva un ano desenvolvendo o espectáculo ImproDepor polos bares e escenarios de toda a provincia. Un espectáculo de improvisación arredor do club herculino, que de seguro nos cae algunha perla durante as súas intervencións na gala.

”Eu son da Costa e as miñas raíces tiran moito, por iso para min participar na Gala do Fútbol da Costa é un orgullo, o fútbol de raiz, o fútbol que nas cidades se xoga nos barrios, pero aquí na Costa xógase nas leiras, onde empezan os rapaciños, un fútbol da casta, de raíz”.

Máis novas da Gala

Comentarios