Sábado. 27.07.2024
El tiempo

En marcha o primeiro Torneo Sanfins de futsal 4x4

Comision de Festas de Sanfins Torneo 4x4
En marcha o primeiro Torneo Sanfins de futsal 4x4

Convoca a xente da Comisión de Festas de San Fins - Memorial Juan Insua, un Torneo 4x4 de Futsal para o 22 de xuño, no polideportivo das Caxadas, en Vimianzo.

Félix Roget da comisión de festas de Sanfins destaca que “o obxectivo principal deste torneo é proporcionar unha xornada lúdica, deportiva e competitiva de forma gratuíta para nenos nados entre o 2013 e o 2016 de toda a Costa da Morte”. Tamén tivo unas palabras de agradecemento para todas as empresas patrocinadoras e ao Concello de Vimianzo por facer este torneo posible.

Pola súa banda, a alcaldesa Mónica Rodríguez “felicita a Comisión festas de Sanfins por ter ese compromiso co deporte, creando un evento deportivo para os nenos, ademais do esforzo que supón organizar as festas” . Ademais destacou o valor emocional de darlle o nome de Memorial Juan Insua e desexa que sea a primeira edición de moitas.

Torneo FUTSAL Memorial Juan Insua Sanfins

O prazo de inscrición remata o domingo 16 de xuño de 2024 e pódese facer a través do seguinte enlace: https://bit.ly/3wFrZON

A inscrición é completamente gratuíta e inclúe:

  • Churrasco para xantar, froita e auga para todos os deportistas.
  • Seguro deportivo.
  • Trofeo, medallas e camisetas da marca "Costa da Morte #Death Coast" para o equipo 1º clasificado.
  • Medallas para os equipos clasificados en 2º, 3º e 4º lugar.
  • Trofeo ao máximo goleador.
  • Trofeo ao porteiro menos batido.
  • Trofeo MVP do torneo.

Comentarios