A ANPA do CEIP de Sofán rompe o seu silencio


Fartos están os pais e nais da ANPA Raiante do CEIP Gándara de Sofán ante a falta de atención da Xefatura Terriorial da Xunta de Galicia. Levan de xaneiro loitando polo dereito a votar a xornada única no centro carballés, pero despois de 4 meses e moito o traballo, seguen sen obter resultado nin resposta algunha por parte da Xunta.
A ANPA quere expresar a súa “fonda preocupación e fartura pola desatención da Xunta”. A loita comezaba o ano pasado, pero dende este mes de xaneiro a mobilización social está sendo moito máis activa. “Queremos ter dereito a decidir o noso futuro”, declaran.
Un longo poceso
Tocoulles elaborar aos pais e nais un mapa e un horario de autobuses para enviar á Xefatura, dado que as razóns da Xunta para denegar a xornada única sempre foi “inviabilidade” no transporte. “Este dato sen dúbida fai que nos sintamos estafados e enganados”. Dende febreiro tocou esperar unha resposta, e pasaron os meses… E cando o informe ía ser rematado aló a mediados de abril, o encargado de facelo informe de viabilidade do sistema de transporte para o centro carballés foi cesado…
A finais de abril conseguen unha xuntanza co Xefe Territorial que acaba sendo cancelada por motivos de saúde, e dende aquela, silencio. “Estamos xa desesperados, non vale dicir que é máis doado de resolver en outros centros de outros concellos, non nos vale saber que están a traballar, queremos resolver esta situación co tempo suficiente para poder informar ás familias, para presentar o mellor proxecto de xornada única para todos, queremos ter tempo de diálogo e debate entre toda a comunidade escolar en beneficio dos nosos nenos e nenas; non podemos continuar coa sensación de que somos os derradeiros na listaxe” denuncian.
Novas relacionadas- 26-01-16: A Anpa do Gándara Sofán leva ata o pleno de Carballo a súa reivindicación da xornada única.
- 14-01-16: O colexio de Sofán segue en loita pola xornada única
- 19-06-15: O CEIP Gándara de Sofán tamén existe.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)