![Representantes da-asociacion veciños mantiveron en novembro unha reunión co alcalde de Fisterra. Imaxe: Darío Gómez]()
Representantes da asociacion veciños mantiveron en novembro unha reunión co alcalde de Fisterra. Imaxe: Darío Gómez
Máis leña sobre a
polémica restauración da Igrexa de Santa María das Areas de Fisterra despois de que o ICOMOS - Comité Nacional Español do Consejo Internacional de Monumentos y Sitios - concluíse que
o enclado do santuario fose totalmente arbitrario e inútil. Co informe na man, oa Asociación de Veciños de Fisterra pídelle ao concello que expusexe no pleno a retirada da pintura, tal e como o solicita a maior parte dos habitantes da vila. Cousa que, segundo informan dende a asociación veciñal, "o alcalde non fixo no último pleno celebrado este luns".
"
Na reunión que mantivemos co alcalde o día 12 de novembro de 2015 tratamos varios temas, principalmente a retirada da pintura da igrexa de Santa María. Esta asociación pediu que se levase a pleno o tema da retirada da pintura, cremos que a pesar de non ser competencia do Concello, este debe encabezar as peticións da maioría dos veciños... A resposta do señor alcalde foi que ata que chegase o informe do Icomos non tiña base suficiente para levar o tema ó pleno pero que en canto chegara o citado informe levaríase e mesmo poderíamos solicitar ir ó pleno como teñen feito outras asociacións" aseguran nun comunicado de prensa emitido pola Asociación de Veciños de Fisterra.
A organización veciñal considera que a execución da obra non é competencia do concello, pero sí lle compete representar a vontade dos veciños, aseguran.
Mediación patrimonial
Por outra parte, a asociación de Veciños de Fisterra traballa desde fai case un mes co Instituto de Ciencias do Patrimonio- Incipit - , dependente do Consello Superior de Investigacións Científicas - CSIC- , concretamente coa antropóloga
Cristina Sánchez-Carretero, investigadora do Incipit CSIC e
responsable do proxecto “Procesos de patrimonialización en el Camino de Santiago: tramo Santiago-Fisterra-Muxía”.
Esta antropóloga, experta no tema da mediación patrimonial, traballa para chegar a unha solución a través de esta figura da mediación. A experta cree que si existen
posibles solucións e retirar así a pintura que tingue de azul a igrexa fisterrá.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asociación de Veciños de Fisterra