2ª FUTGAL: Malpica e Xallas quedan ao mando

Enfrontábanse dous dos colíderes en Pedra Queimada, e o Malpica pegou un golpe na mesa endosando unha goleada ao Outes. Quedan os de David Baña á fronte da táboa con 12 puntos dos 15 posibles, acompañado polo Xallas, que tirou de efectividade para volver cos 3 puntos do sempre difícil Agra da Filgueira.
Arriba tamén se meten, despois de sumar 3 vitorias seguidas os Baio e San Lorenzo, que a semana que vén visita Fontenla.
Na zona de abaixo, destacable a primeira vitoria do Mazaricos, o último que quedaba por estrear a táboa de vitorias. Ademais, no derbi, o Ponteceso superou ao Corme.
San Lorenzo - Soneira (3-2)

- San Lorenzo: Javi Souto, Lozano, Damián, Campos, Pablo Garrido, Hugo Pereiro, Alex Vázquez, Pape, Manu Rod., Iago López e Alex Iglesias. Tamén: Mario, Dani Cotelo, Diego Varela, Corral e Hugo Canedo.
- Soneira: Pity, Iván Blanco, Gusa, Nico Ventoso, Brais, Jose, Oreiro, Sergio, Bieito, Vía, Richi. Tamén: Brias, Javi, Héctor, Gabri, Carlos.
- Goles: 1-0, m.5: Iago tras unha boa xogada individual de Pape; 1-1, m.46: en propia; 21, m.48: Diego Varela; 3-1, m.76: Hugo Pereiro; 3-2, m.95: Héctor.
Venceu o San Lorenzo nun partido cheo de ritmo e incidencias ante un Soneira que leva 5 xornadas seguidas xogando e adestrando fóra da casa, que está sufrindo en momentos puntuais e que non se adaptou rápido ao céspede natural das Pedreiras. Así, nada máis comezar o SanLo xa abría o marcador. A primeira metade transcorrían entre as lesións de Pape e Damián no San Lorenzo e o gardameta do Soneira, Pity, sempre co cadro de Iván Rojo un punto mellor.
Nada máis comezar a segunda metade, o Soneira atopou o empate nun infortunado autogol de Samuel, pero a reacción do SanLo foi inmediata: só dous minutos despois, Diego devolvía a vantaxe aos seus cun bo remate. Co 2-1 o cadro local soubo manexar os tempos, e Pape sentenciaba o encontro cun cabezazo impecable para facer o 3-1. Xa no tempo engadido, o equipo de Josiño conseguiu recortar distancias, pero o tanto chegou xusto antes de que o árbitro sinalase o final.
Cabana - Corcubión (2-2)
- Cabana: Diego, Aarón, Noe, David Rey, Ferreiro, Hugo Lema, Migui, Blas, Diego Castro, Julián e Xabi. Tamén: Marcos, Alex Costa, Fernando, Brais e Pablo Pose.
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Mario, Antón, Martín, Luis Lojo, Jose, Rama, Iago Lema e César Lojo. Tamén: Jon, Castro, Íker e David Lojo.
- Goles: 0-1, m.3: Isaac; 0-2, m.17: César Lojo; 1-2, m.60: Brais; 2-2, m.80: Aarón Casas.
Bo partido nas Redondas, que comezaba cun tempraneiro gol do cadro corcubionés tras unha xogada de rebote. O equipo de Ángel Canosa estivo moito máis fino na primeira, macando os tempos, ampliando a renda cun tanto de César e dominando o choque.
Pero cambiaron as tornas na segunda. Os de Óscar Mingui cambiaron o sistema, pecharon ben ocos e impuxeron o seu ritmo. Reducían distancias nunha boa xogada colectiva e xa contra o final, Aarón faría o empate nun disparo de 30 metros desde a frontal. O Corcubión quedou cun menos nos últimos 5 minutos, pero os cabaneses precipitáronse e non tiveron boas ocasións.
Baio - Muros (2-0)
- Baio: Rodri, Pablo Rod. Pazos, Gabín, Chechi, Carreira, Manu Vila, Miguel, Damián, Sergio e Cheti. Tamén: Yago, Norberto, Josiño, Alex e Mamadou.
- Muros: Aitor, Juanchy, Pesky, Benji, Ra, Jesús Je, Xaco, Alex, Fran e Iván. Tamén: Ginki, Manuva, Fastu, Sel e Marcos.
- Goles: 1-0, m.2: Pazos tras un córner botado en curto; 2-0, m.91: Josiño; 3-0, m.94: Josiño.
Chegaban con moitas baixas os de Joaquín Quintáns e Juan oVello ao Platas Reinoso e pagaron o pato, nun choque que se metía de cara para os de Lobelos xa na primeira xogada, co gol local tras un córner botado en curto. O Baio dominaba e tiña varias ocasións, entrando moi ben pola banda de Gabín, e tendo moi boas ocasións como unha de Cheti ou outra de Damián que salva ben Aitor, protagonista da primeira metade. O ritmo ía baixando pola calor, e na última xogada da primeira metade, os muradáns lanzaban un balón ao pau.
Saían moito máis intensos os muradáns na segunda, e o partido estivo aberto ata o final, pero os baieses estiveron moi serios, e co paso dos minutos, o Muros, que protestou varias decisións, íase abrindo máis, ata que no desconto Josiño marcaba dous goles á contra tras fermosa xogadas por banda do habilidoso extremo xuvenil Álex.
Mazaricos - Sofán B (2-1)
- Mazaricos: Samuel Arosa; Luís Mayán, Borja, Sergio, Fran Pose, Álvaro, Raúl, Marcos, Marito, Kevin, Molinos. Tamén: Samu Blanco, Samuel Lema, Yeray, Yago Dosil, Alex Calvo.
- Sofán B: Diego Rama, Marcial, Diego Rod., Iván, Mateo, Asier, Rubén, Nacho, Christian, Dani Calvete, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Eloy, Eloy Cabeza, Alex Rod., Brais Simal.
- Goles: 1-0, m.57: Álvaro Espasandín; 2-0, m.75: Sergio Rod.; 2-1, m.87: Nacho.
Comezaba o choque cun Mazaricos, que tiña moitas baixas, moi replegado, ante un filial que se viu obrigado a tomar o mando do partido. O cadro de Raúl Periscal aguantaba e os carballeses ían chegando lixeiramente cun remate de Marcial, dúas ocasións de Rubén, un tiro de Diego que salva Samuel, un man a man de Diego…
Repetíase o guión na segunda, pero os carballeses pagaron moi cara a inexperiencia. Ao cuarto de hora, un saque de banda longo permitía a Álvaro plantarse só diante de Diego e abrir o marcador. O partido seguía desenvolvéndose no campo dos locais, pero nunha contra, Sergio ampliaba para os amarelos. Repúxose o cadro de Zalo, metendo ao Mazaricos na súa área. Conseguían recortar cun tanto de Nacho, e seguiron intentando con balóns dende as bandas ata o desconto sen poder atopar o gol do empate, permitindo así que o Mazaricos sume a súa primeira vitoria do curso.
Malpica - Outes (4-0)
- Malpica: Abdou, Anxo, Raúl, Damián, Mario Pose, Cristian Villar, Luis, Cristian Fdez., Aday e Chicha. Tamén: Joel, Saúl, Camilo, Fran, Brais Calvo.
- Outes: Dani, Claudino, Stefan, Sergio, Jura, Hugo, Adrián, Martín, Veleiro, Keko e Manel. Tamén: Paullo, Alberto, Rubén e Sanchiño.
- Goles: 1-0, m.20: Saydou; 2-0, m.26: Luís; 3-0, m.35: Aday; 4-0, m.81: Camilo.
Vitoria xusta do Malpica no duelo de colíderes que tiña lugar en Pedra Queimada. O Malpica cómodo de principio a fin, foi xerando ocasións por ambas bandas, estando sempre seguro co balón, ante un Outes que non aparecía no campo. Chegaba pronto o primeiro gol tras un espectacular pase de Anxo co exterior a Luis que só tubo que mirar arriba e ver a Saydou o cal definiiu perfecto ao primeiro pau pa aventaxar aos locais.
Pouco tardaba en chegar o segundo, pero esta vez ao revés, de Saydou para Luis o cal define cun zurdazo bárbaro ao segundo pau e pon o 2-0 no marcador. Veu o gol da tarde tras un espectacular golazo de Aday de falta dende o borde da área. No minuto 30 practicamente sentenciaba o encontro o Malpica.
Despois do descanso, melloraron algo os de Geno, pero sen fe para meterse no partido, e apenas obrigando a intervir a Abdou un par de veces. Na outra área, Luis e Saydou avisaban antes de pechar o partido tras outra asistencia de Luis para Camilo, que se fixo sitio na area e rematou coa zurda ao fondo da rede.
Porteño - Zas (4-1)

- Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Iván, Baba, Darío, Álvaro, Alfredo, Bruno, Carrabete e Alan. Tamén: Joel, Mayor, Yuyo e Martín.

- Zas: Guille, Anxo, Moha, Juan Touriñán, Adri Rama, Joel, Fran Gavín, Redondo, Darío, Brais e Salah. Tamén: Pereiras, Álvaro Fari, Mauro, Martín e Iago.
- Goles: 0-1, m.15: Anxo; 1-1, m.34: Bruno; 2-1, m.40: Bruno; 3-1, m.45: Bruno; 4-1, m.76: Martín.

Partido con moito ambiente na Grixa, nun deses encontros con sabor a fútbol da Costa. O Sporting comezou moi serio e ordeado, ante un Porteño que saía presionando arriba moi forte, tendo varias ocasións. Pero eran os visitantes os que se adiantaban ao cuarto de hora nunha acción a balón parado. Co 0-1 no marcador, o Zas foise asentando pouco a pouco, pero a calidade individual do Porteño facíase notar en cada chegada á área. Un erro defensivo permitiu a Bruno empatar o encontro, e nun tramo de dez minutos o dianteiro fisterrán deu a volta ao marcador cunha contra e un saque de banda longo ao segundo pau, completando o seu triplete antes do descanso.
Na segunda metade, o Sporting arriscou máis, buscando reducir distancias e envorcándose en ataque, aínda que iso deixaba moitos espazos atrás ante un cadro de Mayor que seguía presionando moito, roubando e tendo as mellores ocasións, como o gol de Nazo, ou os balóns ao pau de Yuyo ou Bruno.
A peor nova para os de Forján e Pereiro, unha nova lesión, desta volta Darío, cun problema no xeonllo que pode ser grave.

Ponteceso - Corme (2-0)
- Ponteceso: Sergio, Pedro, Luca, Adrián Pose, David Lema, Javi Souto, Alberto Recarey, Iván Rod., Martín Puente, Mendieta e Eloy Álvarez. Tamén: Brais, Ures, Cotelo, Juan Rey e Neira.
- Corme: Quique, Pandi, Rubén, Aitor, Eloy Villar, Brais Pailos, Borja Torrado, Yago, Lucas, Joshua, Isra. Tamén: Hugo Paredes, Teo, Samu Costa, Borja e Xoel.
- Goles: 1-0, m.57: Luca; 2-0, m.84: Martín Puente de penalti.
Encontrábanse no Pinguel neste domingo do Pilar dous vellos coñecidos do fútbol costeiro co obxectivo de conseguir unha vitoria sempre especial. A primeira parte comezou bastante anodina, con dous equipos medíndose constantemente e mantendo as virtudes de cada equipo a raia. Neste primeiro tempo foi o Ponteceso o que tivo máis oportunidades saobre todo a balón parado, con dous paus e un balón sacado de debaixo da portería pola férrea defensa cormelán. O arreón inicial do cadro de Jorge Guillamet foise neutralizando pouco a pouco debido ao xogo directo do Corme de Ángel, que buscaba a velocidade con Israel e Yago Suárez, tendo este nunha desconexión defensiva un clarísimo man a man onde Sergio lle cerrou rápidamente calquera oco na súa meta.
Na segunda metade o partido foise abrindo a causa do cansancio que comezaba a facer mella, dando paso un dominio pondaliano baixo a batuta de Alberto Recarey, que nun magnífico pase filtrado encontrou ao seu escudero Luca, batendo a Quique cun tiro raso ao primeiro pau. O Corme comezaba entón a carburar en búsqueda do tanto que igualase o derbi, que subía de intensidade mentres os nervios comezaban a aflorar. Non se botou atrás o Ponteceso, que minutos despois e tras unha boa xogada combinativa logrou plantarse na fronte do área rival, chegaría aí a maxia de Martín Puente Gil quen recorta ao seu par e sendo trastabillado logra un penalti que el mismo mandaría a escadra esquerda, imposible para o gardameta cormelán que logrou adivinarlle o lado. Xa co partido case rematado tería un par de ocasións un Corme que buscaba o gol que lle dera unha posibilidade de loitar o partido pero a falta non o materializou.
Os tres puntos quedarían así no Pinguel nun Ponteceso moi serio en defensa que lograría desta forma a súa primeira vitoria como local e a súa primeira portería a cero. No outro bando, malas novas para os de Ángel, coa rotura de dous dentes de Joshua ao recibir unha patada fortuita na boca.
Monte Louro - Xallas (2-4)

- Monte Louro: Pedro, Manolo Chouza, Rodri, Hector, Pablo, Flavio, Miguel, Xián, Javi, Íker. Tamén: Manu de Yi, Rapante, Oscar Fari, Fabio.
- Xallas: Iván Couto, Martín, Elvis, Adrián Couto, David Pereira, Yago Facal, Dani Barbeira, Bryan, Macareno, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Jallas, Pablo Landeira, Cristóbal, Íker e Julián.
- Goles: 0-1, m.2: Adrián Couto nun barullo nu córner; 1-1, m.15: Rodri noutro barullo nun córner; 1-2, m.47: Macareno; 1-3, m.74: Rubén Blanco; 1-4, m.80: Sergio Barbeira; 2-4, m.94: Íker de penalti.
Partido apretado en Agra da Filgueira, cos dous equipos con baixas, cun Xallas que estivo moi efectivo e que levou os puntos con maís vantaxe do visto no campo. O Xallas comezou marcando pronto, pero o Monte Louro fíxose dominador do partido, empatando e obrigando a Iván Couto a intervir en varias ocasións para impedir que os de Bibi se metesen por diante.
Repetiuse o guión na primeira, e os de Doriño atopábanse co segundo moi pronto. Intentaba reaccionar o cadro local, pero o Xallas intentaron baixar algo máis o balón, e en dúas cabalgadas conseguían meterse 1-4. Só contra o final Íker reducía a renda.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.