sábado. 18.10.2025
El tiempo

A cativada de Cee corre para acabar coa leucemia infantil

Carreira Solidaria de Cee cativada
Carreira Solidaria de Cee cativada
A cativada de Cee corre para acabar coa leucemia infantil

Este venres 17 de outubro o CEIP Plurilingüe Vila de Cee celebraba a carreira "La Vuelta al Cole" colaborando coa fundación Unoentrecienmil, correndo por unha causa solidaria: acabar coa leucemia infantil.

O centro contou coa participación de todo o seu alumnado e coa colaboración de todo o profesorado para sumar minutos para a investigación desta enfermidade. 

Toda a enerxía xerada na carreira converterase en fondos para impulsar proxectos de investigación que curen a leucemia. Cada ano esta enfermidade é diagnosticada en 350 nenos, nenas e adolescentes do noso país e lamentablemente 2 de cada 10 non logran superala.

Carreira Solidaria Vial de Cee

Na pasada edición, na que tamén participou o CEIP Plurilingüe Vila de Cee  xunto con máis de 1.500 colexios de toda España que se sumaron a esta iniciativa recadáronse  máis dun millón de euros para a investigación. 

Desta forma o CEIP Plurilingüe Vila de Cee pretende por o seu gran de area a esta iniciativa. "Celebrando unha xornada deportiva que contou con 5 percorridos diferentes por todo o centro, promovendo hábitos para un estilo de vida activo e saudable, e concienciando o seu alumnado de que con pequenos actos podemos axudar a crear entre todos un mundo un pouco mellor", explica o mestre Jorge Lariño. 

Comentarios