![alimentos]()
Que importante é toda a labor que están a facer entidades como a Cruz Vermella de Vimianzo. Por iso é hora de facer un balance das actividades que levou a cabo na pasada campaña de Nadal nas que se recadaron máis de 2500 quilos de alimentos, xoguetes e material deportivo que se repartiron entre as familias máis necesitadas da zona. E comezamos co repaso das actividades que levaron a cabo durante estas datas:
-
Día do Voluntariado: Os alumnos do IES Terra de Soneira elaboraron pulseira conmemorando o día do Voluntariado. Co importe recaudado, 50 euros, mercarónse pañais e toallitas para bebés.
-
Gala Solidaria: A Universidade Popular de Corcubión levou a cabo unha gala solidaria na que se recadaron 513 euros destinados ao Proxectos Merendas Solidarias de Cruz Roja Juventud.
-
Cea solidaria en Bamiro: aquí conseguironse 1300 kilos de alimentos. O acto estivo organizado polo veciño Alejandro Blanco.
-
Gala solidaria: celebrada en Vimianzo, recaudáronse 6512 euros e máis de 110o quilos de alimentos que se repartiron entre Cáritas e a Cruz Vermella.
![geriatros-vimianzo]()
-
Residencia Geriatros: as familias dos residentes doaron alimentos e xoguetes que se encargaron de entregar os propios usuarios da residencia.
-
Xoguetes: A Asociación Pedras Miúdas de Lires aportou unha grande xoguetes co fin de colaborar cos Reis Magos.
![partido-solidario]()
-
Partido solidario: celebrado en Santa Comba e no que colaboraron Ferroatlántica, o concello xalleiro e o diario dixital Que Pasa na Costa e no que se conseguiron fondos para material deportivo que se repartirá nos vindeiros días entre os nenos e nenas máis necesitados dos concellos de Santa Comba e Vimianzo.