A Semana Santa enche de actividade a #AxendaCostadaMorte

19:39 23/03/16

"O xoves pola mañá predominará o sol na Costa da Morte e de cara ao mediodía chegarán progresivamente as nubes medias e altas que nos avisarán do cambio do tempo do venres. Ainda así, durante a xornada de mañá non choverá e as temperaturas serán agradables.
Xa o venres, as choivas aparecerán dende primeira hora da mañá e entre Muxía e Muros estarán presentes durante gran parte do día. Nos arredores de Malpica, as choivas serán intermitentes durante o mediodía e a tarde.
Sábado e domingo serán días chuviosos. O sábado haberá que prestar especial atención ao vento xa que soprará do sudoeste con bastante forza todo o día. O domingo as chuvias serán algo máis espalladas no tempo, pero tamén estarán presentes".
Mostra Encaixe Camariñas- Esta tarde arranca a XXVI edición da Mostra do Encaixe de Camariñas. Unha mostra chea de encontros de palilleiras de todas as idades e de distintos de países do mundo, moda, encontros de bloggers, gastronomía, deporte e, por suposto, da stands de exposición e venta dos traballos realizados polas encaixeiras da vila. O custe da entrada é de 2€ - 3€ no caso de asistir ao desfile de moda -. Cinco días nos que Camariñas será, unha vez máis, a capital do encaixe. Pincha aquí para ver o programa completo.
- A praza de San Gregorio de Carnota será desde mañá xoves e ata o domingo o punto neurálico da V Mostra Víndemo Ver. Aquí, de 11 a 15 horas e de 17 a 21 horas, estarán ubicados os stands de artesanía, productos ecolóxicos,... Ademais, haberá concertos da Escola Municipal de Música, carreira vikinga, ruta BTT e moito máis.
- A devoción e a festa camiñan da man en Fisterra durante a Semana Santa nunha das semanas grandes da vila. Mañá, ás 20 horas, continúan os actos litúrxicos que xa comezaron o pasado venres coa representación da Última Cea e o tradicional Lavatorio de pes. Mais o día grande será o domingo coa veneración do Cristo. Ás 12 horas haberá unha representación da Resurrección. Acompañará os actos a banda "Eduardo Pondal" e haberá misas ás 8, ás 9 e ás 10 da mañá.
- As festas do Cristo estarán acompañadas dun bo ambiente de orquestas. O sábado pola noite actuarán Ciclón e Garibaldi. Xa o domingo, a orquesta Miramar anenizará a sesión vermú e pola noite compartirá escenario coa París de Noia. O luns de pascua, as festa continúa en Fisterra da man de Atenas.
- Ademais do programa litúrxico Muros preparou para esta Semana Santa un programa cargado de actividades de ocio que xa comezaron a pasada fin de semana coa estrea da obra teatral "Eroski Paraíso". Ata o vindeiro domingo, a praza da Pescadería acolle a III Mostra de Artesanía Muradana.
- A Fervenza do Ézaro iluminaráse durante estes días (xoves, venres e sábado) entre as 22 e as 23 horas. Ademais, o venres, 25 de marzo, haberá unha saída nocturna en kayak.
- As visitas guiadas volven aos Batáns do Mosquetín e ao Castelo de Vimianzo da man do concello. Entre mañá xoves e o domingo haberá varias sesións de visitas guiadas gratuitas e incluso algunhas teatralizadas con "Os Quinquilláns". A A.C. Trubisquiña será a encargada de dar o fogonazo de saída a esta programación da Semana Santa en Vimianzo coa súa música máis tradicional.
- O Dolmen Dombate amplía durante a Semana Santa o horario das visitas guiadas ofrecidas por Anxo Eiroa. O novo horario é de 11 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
- II Ruta dos Fornos en Buño (Malpica). O Ecomuseo Forno do Forte será o punto de saída destas visitas guiadas que serán o venres e o sábado en horario de mañá e tarde (de 11:30 a 13 horas e de 17 a 18:30 horas).
- IV Festa da Xuventude en Malpica. Mañá, xoves santo, o porto de Malpica acolle dende as 11:30 hora unha gran festa con música de primeiro nivel como a orquesta New York - formada por compoñentes da Filadelfia -; o grupo Bomba - que presenta o seu novo disco -; e o grupo Nueva Fuerza - formación apadriñada polo Combo Dominicano -. A entrada é de gratuita.
- Dende o venres ata o luns, Camariñas celebra a romaría da Virxe do Monte. A cita comeza cunha gran verbena na Mostra do Encaixe. Ademais de música de orquesta, nesta romaría non faltará a música tradicional da man de "Abrindo o rejo" e a procesión ata a capela.
- A parroquia muxiá de Trasufre acolle as Festas de San Vicente o sábado 26 de marzo, con sesión vermú, racións de polbo e churrasco e, á noite, unha gran verbena.
- O exitoso grupo DeVacas, que xa visitou noutras ocasións a Costa da Morte, ofrecerá esta noite un concerto na Ventana de Laxe. O peculiar concerto destas tres mozas e do Rubio - Guillerme Fernández comeza ás 23:30 horas.
- Este venres, 25 de marzo, os costeiros Alan Acoustic Project actuarán no Pub Dados de Corcubión á media noite.
- Buño convertirase este xoves e venres na capital do Fútbol Base onde se disputará o II Torneo F8. Haberá varios equipos participantes nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín.
- Monólogo en Muros. Na tarde do sábado a Antiga Fábrica de Sel de Muros acolle un monólogo de Carlos Blanco.Na cita, organizado pola ACRD Praia do Castelo, tamén estarán Pachi y Culo sacando as risas. O encontro remata cun concerto de Monoulious DOP.
- As Torres do Allo, en Zas, están abertas ata o vindeiro domingo con horario de visita de 11:00 a 20:00 horas.
- Durante estes días poderase ver no Faro de Fisterra a exposición “Reborn Bones” composta por 39 esculturas realizadas con osos de animais mortos de xeito natural.
- O Museo Man de Camelle, que recolle gran parte do legado de Manfred Gnädinger, abre todos os días da Semana Santa en horaio de 11 a 14 horas e de 17 a 19 horas.
- O faro Vilán de Camariñas abre durante estes días en horario de 11 a 21 horas para que os visitantes poidan coñecer comodamente as instalacións.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)