A solidariedade e o teatro avanzan un gran Nadal en Malpica

Chega o Nadal e Malpica está a tope. Por un lado a UD Cerqueda entregou os xoguetes colleitados ao Banco de Alimentos no seu Partido Solidario do Fútbol da Costa. Ademais, mentres as luces xa comezan a iluminar o Nadal, pechábase este venres a existosa Mostra de Teatro.
A UD #Futbolidaria

A Unión Deportiva Cerqueda vén de dar un paso máis na súa colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello de Malpica de Bergantiños. Na xornada do sábado, representantes do club fixeron entrega ao banco de alimentos dun lote de xoguetes para que este Nadal os Reis Magos cheguen a todos os fogares.
A UD Cerqueda destinou á adquisición dos xoguetes a recadación do partido da semana pasada contra o Camariñas, que ascendeu a 421 euros.
Xa é a segunda vez este ano que a UD Cerqueda colabora coa Concellería de Servizos Sociais. No mes de setembro fixo entrega de alimentos por valor de 379 euros, correspondentes á recadación do Torneo Solidario Os Petóns. A xunta directiva do club manifestou a súa intención de seguir colaborando e intensificando esta faceta social.
De Teatro

O pasado venres remataba a XI Mostra de Teatro de Malpica. E a despedida non puido ser espectacular, con máis de 160 persoas no auditorio do Centro Cívico que non pararon de rir e de aplaudir aos actores e ás actrices de Os Amigos de Malpica, a compañía local dirixida por Andrés Mourente. Había moitísima expectación ante a estrea de "O cantar dos cantares", e non faltou ninguén. A verdade é que os artistas malpicáns estiveron impresionantes.

Luces de nadal
A están prendidas as luces do alumeado de Nadal en Malpica, que tivo lugar esta noite coa participación do alcalde, Eduardo Parga; o concelleiro de Obras, Servizos e Seguridade, Miguel Fernández; a concelleira de Promoción Económica, Pilar Doldán, e o concelleiro de Deportes e Urbanismo, Iago Espasandín.

Máis novas “fútbolidarias”
- A UD Cerqueda, filosofía #Futbolidaria.
- Cando o fútbol se volca ca solidariedade.
- QPC fai entrega en Santa Comba do material deportivo colleitado no Partido Solidario do Fútbol da Costa.
Fonte
- Concello de Malpica.