mércores. 18.02.2026
El tiempo

O Concello de Malpica anuncia medidas fronte ás condutas incívicas

Lixo ciscado en Malpica
Lixo ciscado en Malpica
O Concello de Malpica anuncia medidas fronte ás condutas incívicas

O Concello de Malpica condena o uso incorrecto dos contedores de lixo detectado en distintos puntos do municipio. Os feitos inclúen vertidos fóra dos recipientes, abandono de residuos voluminosos, falta de separación do lixo e restos deixados na rúa.

Estas prácticas supoñen un custo económico directo para a veciñanza, ao obrigar a reforzar os servizos de limpeza, reparar contedores e retirar residuos. Trátase de recursos públicos que poderían destinarse á mellora doutros servizos municipais.

Ante esta situación, o Concello anuncia que adoptará medidas para frear estas condutas, entre elas o incremento da vixilancia, a aplicación de posibles sancións e a identificación de puntos conflitivos. O goberno local apela á responsabilidade individual e ao respecto polo espazo común. As persoas que detecten vertidos ilegais ou un uso indebido dos contedores poden comunicalo ao Concello ou á Policía Local. 

Lixo ciscado en Malpic 1

Comentarios