venres. 02.05.2025
El tiempo

A venda de coches creceu un 15% durante o 2013 na Costa da Morte

A venda de coches creceu un 15% durante o 2013 na Costa da Morte
A-venda-de-coches-mellora-na-Costa-da-Morte

Parece que os brotes verdes teñen algún que outro argumento. Hoxe analizamos os datos de vendas de coches que nos achegan os Concesionarios Peugeot Dimolk, que nos contando que durante o 2013 na bisbarra se venderon un total de 1.474 coches.

Falamos dos concellos de Carballo, Cabana, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muros, Muxía, Outes, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo e Zas, o que supón un incremento do 15,6% con respecto ao 2012, cando o número de vendas fora de 1.275.

Os responsables dos concesionarios valoran que son "datos esperanzadores", e indican que "se tocou fondo no volume de matriculaciones", ademais de que "a necesidade de compra de vehículos faise patente. O que si resaltan é que a necesidade das "axudas do goberno mediante o Plan Pive que axudaron a tomala de decisión de moitos compradores".

Carballo (con 377 vehículos vendidos), Santa Comba (120), e Muros (109) foron os concellos que máis venderon.

Venda de coches na Costa da Morte

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Datos de Dimolk.

Comentarios