1ª FUTGAL: O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas
Incrible o que está a facer o Muxía nesta 1ª FUTGAL. 5ª vitoria seguida e 6º partido sen perder dos de Pataca, tras superar ao Camariñas no Vicente Carril. Os corviños alcazan a 3ª praza, de promoción de ascenso á Preferente e se manteñen empatados co 2º, o Calo (que daba conta da Esteirana) e a só 1 do líder, o Bertamiráns.
Impresionante tamén o Castriz, que a pesar das baixas sae do descenso, postos nos que estivo inmerso en 18 das 20 xornadas anteriores.
Ademais, na xornada sabatina foi suspendido no m.55 o Boimorto Fisterra, con 0-0 no marcador, despois de case unha hora de batalla naval sobre a lama do Carballal.
Esteirana - Calo (0-4)
- Esteirana: Guille, Kevin Rial, Damián, Luaces, Aitor, Adrián, Antón, Pachi, Raúl, Anxo, Foghete. Tamén: Pablo Rama, Samu, Cristian.
- Goles: 0-1, m.28: XIán; 0-2, m.62: JOnathan; 0-3, m.72: Cristian Vieites; 0-4, m.87: Cristian Vieites.
Volveron ás andadas os esteiráns despois de levar 4 bos partidos en intensidade e xogo. Pero os blaugranas non estiveron intensos, e sufriron as baixas (Oli, Toni ou o xuvenil Pablo, que tanto estaba dando pero que pasou por un proceso gripal), obrigando a levar Adán a 14 xogadores, entre eles 4 xuvenís.
Pouco aguantaron os locais, que avisaro cunha ocasión de Raúl, pero os visitantes, moi serios, sen facer nada especial, aproveitaron a súa na primeira metade, e gañaron sobrados na segunda.
Camariñas - Muxía (0-2)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Borja, Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David, Roi, Javi, Joseba, Adam. Tamén: Saúl, Asier, Fabio, Nuno, Djibril e Pablo Novo.
- Muxía: Iván Bouzon, Mateo, Michael, Manu Martínez, Carlos Costa, Brais, Iago, Mauro, Manu Nogueira, Fran Moreira e Rober. Tamén: Joel, Alex, Víctor Alcaina, Fabian, Carlos, e Isma.
- Goles: 0-1, m.23: Manu Nogueira de penalti; 0-2, m.44: Michael de cabeza.
Fermoso e tenso derbi da ría o vivido nun ateigado Vicente Carril. Chegaba o cadro de Cabrejo tras dúas derrotas seguidas, sen Mario, ante un Muxía coa frecha para arriba. Os de Pataca saíron a por todas, moi enchufados, dominando os tempos, e adiantándose pronto con gol dende os 11 metros. Antes do descanso, Michael facía o segundo de cabeza e deixaba o choque de cara para os vermellos.
Na segunda, co vento a favor, apretou o Camariñas, pero as lesións de David e Borja (cunha brecha na cabaza) mermaron o seu potencial e non fixo perigrar a vitoria corviña.
A cousa depara que despois da xornada 22 do vindeiro domingo (cun Muxía.Esteirane e un Fisterra-Camariñas) toca de novo derbi nos Oitavos da Copa, un Muxía-Camariñas desta volta en Arliña.
Castriz - Melide (2-1)

- Castriz: Íker, Fabián, Brais, Anxo, Marcos Mouro, Fabio Blanco, Fabiño, Alemán, Alberto Mata, Juanjo e Josiño. Tamén: Coke e Rodo.
- Goles: 1-0, m.66: Alberto Mata nunha xogada a balón parado; 1-1, m.73: David Pereiro nun córner; 2-1, m.80: Rodo.
Impresionante o Castriz que con apenas 13 xogadores, e nun partido con moito vento. Co vento a favor, saíron presionando arriba, e tendo ocasións como un par de Juanjo. Si que o Melide foi capaz de filtrar varias xogadas entre o m.25 e o m.30, pero o control dos de Barca.
Tocaba xogar contra vento, e con poucos recambios, e o Cire presionaba alta obrigando aos locais a sacar balóns longos, e obrigando a sufrín en campo propio. Pero nun par de contras de Fabio Barbeira e Juanjo demostraban que ían facer dano, e nunha xogada a balón parado, Alberto Mata, que volvía a semana pasada tras unha longa lesión, e facía un golazo.
Pouco durou a alegría pois os visitantes empataban de córner. Pero o equipo non baixou os brazos, seguiu pelexando e nunha boa combinación entre Juanjo, Fabiño e Rodo, permitíalle a este último, que saíra pouco antes por Mata, culminaba o gol.
Tocaba replegar máis, e loitar contra os balóns colgados dos visitantes, que foron perigosos ata os 7 minutos de prolongación, o que unida á expulsión de Anxo por protestas livianas, tocou sufrir, tendo aínda un par de contras de Fabio e Juanjo, para sentenciar o choque.
O equipo pensa xa no partido de Oitavos da Copa ante o Xallas deste venres 13, ás 21:00 en Fontenla, e no choque directo do domingo ante o Bastavales, o equipo que ocupa a praza de descenso que ocupou ata onte o cadro rossonero.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.