luns. 09.02.2026
El tiempo

2ª FUTGAL: Está tola esta Liga da Costa

Outes e Porteno no Cunchido-Foto-Parker
Outes e Porteño no Cunchido-Foto-Parker
2ª FUTGAL: Está tola esta Liga da Costa

Tremendo carrusel o vivido este domingo en www.futboldacosta.com, con idas e vidas no marcador e varias sorpresas. O líder, o San Lorenzo, sufriu para conseguir un empatito en Miraflores ante un Muros que levaba 5 partidos en gañar. Os de Verdillo aproveitaron o tropezo do Xallas, que sufría unha inesperada derrota no Carral ante o filial do Sofán e queda xa a 5 do liderato, empatado cun Malpica que volveu gañar superando e alonxando un pouco a un Cabana que viña forte pero xa suma dúas derrotas seguidas.

Nesa mesma batalla pola promoción, o Porteño superou ao Outes e o Ponteceso sucumbiu ante un necesitado Corcubión, que desafoga a súa posición na táboa.

No derbi zaseiro, protagonismo para o de sempre. MC volvía a xogar despois de 8 meses de lesión, e o facía marcando o gol do empate e dando un pase fundamental no terceiro.

O Zas queda pechacancelas, pero só a 3 puntos da salvación, que marca agora o Muros, tralo empate do Mazaricos en Corme, e da apretada derrota do Monte Louro na súa visita ao Irmandiño, ante un Soneira que parece que definitivamente sae desa pelexa por evitar o descenso.

Toca parón pola Copa, que se xoga o martes, se ben o Xallas-Castriz xa foi adiantado ao venres.

Sofán B - Xallas (2-0)

11 do Sofan B febreiro 26 copia
11 do Sofán B no Carral. Foto: SD
  • Sofán B: Eloy, Marcal, Diego, Iván, Mateo, Asier, Rubén, Dani, Dani Calvete, Adrián Vázquez e Isma Ramos. Tamén: Diego Rama, Samu, Cristian, Nacho Eirís e Borja Viaño.
  • Xallas: Iván Couto, Elvis, Iván, Dani Barbeira, Adrián Couto, Macareno, Yago Facal, Pablo Landeira, Doro, Rubén Blanco e Sergio Barbeira. Tamén: Iker, Martín, Alberto, Rubén Sande, Julián.
  • Goles: 1-0, m.22: Adrián Fraga; 2-0, m.57: en propia.

Gran partido do filial sofanista, que estivo ben acertado arriba, e non concedeu atrás como leva sufrindo ao longo do curso. Os xalleiros non estiveron rápidos nas combinacións, non se adaptaron ás reducidas medidas do Carral, e os segundos balóns sempre caían de lado local.

Dominaron os locais na primeira, e a parte do gol de Adrián Vázquez, o propio Adri e do xuvenil Dani tiveron dúas ocasións moi claras. Tamén os de Doriño tiveron un par de centros laterais que non atoparon rematador.

Na segunda, o Xallas intentou apretar algo máis, sobre todo no inicio, pero as expulsións de Dani Barbeira e Elvis e o segundo gol, en propia, deixou o partido case sentenciado. Si que tivo que aparecer Eloy nunha ocasión, para manter unha merecida vitoria. A única mala nova para os de Zalo é unha posible grave lesión de Borja Viaño, ao que lle manda Doriño e a familia xalleira o seu apoio.

Muros - San Lorenzo (2-2)

11 do CD Muros

  • Muros: David Lestón, Javi, Fran, Xaco, Benji, Ra, Alon, Jesús, Juan oVello e Dani Jurjo. Tamén: Aitor, Juan, Iván, Oscar e Je.

11 do San Lorenzo en Muros

  • San Lorenzo: Mario, Cotelo, Lozano, Alberto Campos, Pablo Garrido, Javi Pérez, Hugo Pereiro, Alex Taibo, Corral, Diego e Iago López. Tamén: Javi Souto, Canedo, Alex Iglesias, Pape, Hugo Rey.
  • Goles: 1-0, m.3: Xaco; 2-0, m.44: Xaco; 2-1, m.93: Javi Pérez; 2-2, m.98: Pablo Garrido.

Punto de líder sacou o San Lorenzo no Eleuterio Balayo, rescatado integramente no desconto. O Muros comezaba moi metido no partido e contado abría o marcador cun gol de Xaco. Os de Joaquín Quintáns maniataron moi ben ao líder, e nunha primeira metade espectacular, lograban trenzar xogadas e xerar ocasións nos pés de Dani, Xaco e Juan oVello, pero sería Xaco novamente a 1 do descanso o que ampliaba a renda.

Retrasou liñas o Muros e subiu un punto o San Lorenzo, pero o partido estaba trabado. Os locais souberon controlar os tempos ante un San Lorenzo que o intentaba pero non conseguía superar a liña defensiva celeste, agás nun gol ao cuarto de hora que foi anulado por falta previa. Algunha contra tamén sacaban os locais, pero deixaron o partido aberto.

Parecía que esmorecía o partido, e no tempo engadido, orimeiro, Javi recortou distancias cun bo disparo cruzado, e practicamente na xogada seguinte, o propio Javi baixou un balón co peito para que Garrido, cunha boa volea, mandase o esférico ao fondo da rede e asinase o 2-2 definitivo.

Punto que sabe a ouro no alto da táboa, e que sabe a pouco na loita por evitar o descenso.

Malpica - Cabana (2-0)

11 do SCD Malpica en Pedra Queimada

  • Malpica: Suso, Saúl, Pablo, Garci, Raúl, Fanián, Fran, Cristian Fdez, Cristian Villar, Luís e Chicha. Tamén: Joel, Camilo, Raúl Reigía e Brais Calvo.
  • Cabana: Manu Nantón, Simón, Alex Costa, Noé Eiroa, Ferreiro, Fernando, Migueliño, Julián, Blas, Brais Fontenla e Diego Castro. Tamén: Diego, Noé Souto, David Rey, Xabi Parga e Pablo Pose.
  • Goles: 1-0, m.3: Luís en xogada individual entrando dende a banda; 2-0, m.10: Chicha tras un saque de banda peiteado por Diego Garci.
Ambient en Pedra Queimada
Gran ambiente en Pedra Queimada mesmo coincidindo co partido de Riazor

Bo partido dos malpicáns ante un Cabana que saía durmido e encaixaron dous goles tempraneiros. Foi nun partido cun gran ambiente nas bancadas de Pedra Queimada, cunha afección que volve ilusionarse e que quería empurrar ao seu Malpica tras sumar 4 partidos sen coñecer a vitoria. 

Tralos dous goles iniciais, Luís e Chicha tiveron un par de boas ocasións, e tamén tivo antes do descanso Brais pero paraba ben Suso. 

Na segunda parte a cousa cambiaba, o partido dividíase, tendo un par de claras os de Óscar Mingui que salvaba Suso. Os de David Baña, sustentandos por un gran Garci, aguantaron a vitoria sen moitos problemas

Corcubión - Ponteceso (2-0)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Andrés, Borja Bouzón, Nico, Jon, Antón, Luis Lojo, Iago, Mario e César Lojo. Tamén: Castreje, Rama, Alex Díaz, Martín e David Lojo.
  • Ponteceso: Darío, Dani Rod., Adrián Pose, Pedro, Moscoso, Luca, Javi Souto, Alberto Recarey, Juan Rey, Iván, Eloy Álvarez. Tamén: Damian, Dani Castro e Iago.
  • Goles: 1-0, m.46: César Lojo; 2-0, m.77: David Lojo.

O Corcubión e o Ponteceso enfrentábanse no Novo Cubaleiro nesta fría e húmida xornada dominical. O partido decantousr por dous erros na defensa local excesivamente frouxa ante un Corcubión que propoñía pouco pero era moi efectivo co seu xogo directo nun campo pequeno e angosto. Máis alo do penalti parado por Darío a César Lojo nada máis comezar, o Ponteceso, que chegaba con numerosas baixas, pouco se pode eloxiar, pois non soubo facer fronte a intensidade e dureza que imprimía os corcubionenses e chegou tímidamente a portería rival.

Os de Ángel Ventanas e Isidro dominaban, trenzaban e apretaban pero non sentenciaban. Nada máis volver dos vestiarios si que abría o marcador cun saque de banda rápido de Iago sobre César Lojo que superaba por alto ante a saída de Darío. Pouco mais tarde marcaría Luís Lojo, o mellor do partido, e a partir o choque esmoreceu polo seu propio peso.

Outes - Porteño (0-2)

11 do Outes FC no Cunchido-Foto-Parker
11 do Outes FC no Cunchido-Foto-Parker
  • Outes: Dani, Claudino, Paullo, Brais Lado, Orodea, Romarís, Kevin Lariño, Martín Caamaño, Hugo Caamaño, Eloy Lado e Keko. Tamén: Iván Lado, Rubén, Hugo Sieira, Dani Torea e Sanchiño.
11 do CF Porteno no Cunchido-Foto-Parker
11 do CF Porteño no Cunchido-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Rodri, Brais Mouzo, Álvaro, Baba, Darío, Alan, Sandelo, Alfredo, Gabri, Bruno. Tamén: Joel, Pejo, Yuyo, Pablo e Carrabete.
  • Goles: 0-1, m.26: Alfredo; 0-2, m.47: Gabri.
Martin Caamano e Mariolo co arbitro Ivan Carrillo no Outes-Porteno-Foto-Parker copia
Martin Caamano e Mariolo co arbitro Ivan Carrillo no Outes-Porteño-Foto-Parker copia

Foi superior o Porteño na primeira metade, dominando, presionando forte a saída de balón e levando todas as segundas xogadas, ante un Outes descoñecido que non chegou á área visitante. Os de Mayor abriron no ecuador da primeira metade, cun golazo de Fredi dende fóra da área. Aínda tiveron os visitantes un par de boas faltas de Bruno e Gabri que salvou Dani.

Igualouse algo máis o partido na segunda, pero na primeira xogada tras volver dos vestiarios, Gabri fixo o segundo tras unha triangulacion con Baba e Bruno. O partido calmouse, cun Outes que tivo máis o balón pero sen máis perigo que unha falta que salvou Mariolo.

Zas - Baio (1-3)

11 do Sporting Zas ante o Baio-Foto-Sp
11 do Sporting Zas ante o Baio-Foto-Sp
  • Zas: Pereiras, Anxo, Moha, Adri Rama, Joel, Álvaro Fariña, Andrés, Juan Toruiñán, Redondo, Estefan e Ronny. Tamén: Guille, Fran, Iván, Iago e Pablo Fuentes.
11 do CD Baio ante o Zas-Foto-CD copia
11 do CD Baio ante o Zas-Foto-CD copia
  • Baio: Rodri, Bruno, Norberto, Miki, Pazos, Manu Vila, Pepe, Víctor, Lucas, Mamadou, Josiño. Tamén: Julián, Javi Muíño, Pablo Rod., MC e Damián.
  • Goles: 1-0, m.38: Andrés; 1-1, m.73: MC a centro de Pepe; 1-2, m.86: Pazos tras un rebote; 1-3, m.96: Javi Muíño.
Sportin Zas-CD Baio en San Andres-Foto-SP
Sportin Zas-CD Baio en San Andrés-Foto-SP

Fermoso, derbi zaseiro, por intenso, polo sano ambiente entre as dúas afeccións (que están colaborando ademais compartindo instalacións) as bancadas de San Andrés, e polas alternativas, se ben futbolisticamente bastante marcado polo vento. Ademais, o encontro traía varias novidades destacadas nos dous bandos, como foron a volta de MC, Pablo Fuentes e Andrés, que regresaban nunha xornada especial para todos.

A primeira metade foi sosa, con moita disouta, moita pelexa, impoñendose sempre as defensas aos ataques. Xogábase máis preto da área baiesa pero cun Zas que foi atopándose cada vez máis cómodo, tanto con balón coma sen el, e acabou sacando rédito nunha transición que culminou Andrés ao fío da media hora para facer o 1-0, resultado co que se chegou ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o guión mantívose nos primeiros compases, pero o partido mudou aos poucos minutos coa entrada de Damián e MC, que lle deron ao Baio un plus de pegada e presenza ofensiva. O Zas, pola súa banda, seguiu buscando o contragolpe como principal arma e estivo preto de ampliar a vantaxe en varias accións ben conducidas por Chiki e Redondo, ás que lles faltou rematador por moi pouco.

Norberto avisou rematando ao longueiro un córner de MC, e tras un par de boas xogadas, o cadro de Lobelos acabou atopando o empate nun centro de Pepe que rematou, quen se non, MC. Pouco despois os de Rubén Roján sufrían a expulsión de Pablo Fuentes por dobre cartón amarelo, o que acabou por inclinar o encontro a favor dos visitantes. Con superioridade numérica, o Baio logrou o 1-2 a 4 minutos do final nunha acción moi protestada pola parroquia local, ao considerarse claro fóra de xogo.
Xa co Zas envorcado en busca do empate, no descontísimo o Baio sentenciou o derbi nunha transición ben executada tras un círner en contra, cun toque de MC, e un pase de Damián para que Javi, que despexara un centro na súa área, se prantase diante de Pereiras e puxese o 1-3 definitivo pechando un partido intenso.

Podedes ver o derbi gracias ao gran Santi Soneira.

Corme - Mazaricos (2-2)

  • Corme: Quique, Paredes, Eloy Villar, Aitor, Senén, Brais Pailos, Borja Torrado, Teo, Lucas, Yago e Isra. Tamén: Adrián Suárez, Mauro, Samu Costa, Xoel e Álvaro.
  • Mazaricos: París, Luís Mayán, Borja, Sergio, Fran Landeira, Raúl, Marcos, Steven, Kevin e Molinos. Tamén: David, Samu, Álvaro, Yeray, Yago Dosil.
  • Goles: 0-1, m.44: Molinos; 1-1, m.57: Isra; 1-2, m.81: Kevin; 2-2, m.87: Álvaro.

Partido igualadísimo no Cairo, marcado polo vento, cun Corme que levou algo máis o peso do balón, pero sen hrandes ocasións. Os de Ángel dispuxeron dun par de achegamentos que salvou París, pero eran os de Periscal os que se adiantaban ao fío do descanso, cando Molinos aproveitaba unha precipitación de Quique.

Na segunda, o vento axudou a meter para dentro un centro de Isra, que metía o empate no marcador. Pero volvía meterse por diante o cadro amarelo a só 10 do final. Envorcáronse os cormeláns e conseguiron empatar sobre o pitido final por medio de Álvaro.

Soneira - Monte Louro (3-2)

  • Soneira: Dono, Gusa, Canosa, Héctor, Brais, Sergio, Oreiro, Javi, Pichi, Cachi, Richi. Tamém: Brais, Cristian, Gabri, Jesús e Xavi.
  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Héctor, David Pais, Rodri, Adrián, Abel, Oscar Fari, Xián, Javi e Iker. Tamén: Martín, Manolo Chouza, Pablo, Flavio e Fabio.
  • Goles: 1-0, m.25: Canosa; 1-1, m.26: Javi; 2-1, m.36: Pichi; 2-2, m.65: Xián; 3-2, m.67: Richi.

Partido ben bonito, con boas alternativas no que o Soneira tivo que poñerse por tres veces por diante para quedar cos puntos e dar un importante salto na táboa. Saíron ben plantados os de Bibi e iso que o Soneira aproveitaba o vento a favor para presionar máis arriba e ter máis presenza ofensiva. Así se adiantaban os de Josiño Abelenda cun gol de Canosa nun córner. Pero de seguido, Javi acabada o empate.

Seguía o partido con alternativas e se os loureáns marraban un man a man, os locais se metían por diante cun gol de Pichi nun rexeite a tiro de Oreiro logo dunha gran xogada.

Co vento a favor, os visitantes saíron presionando arriba, metendo ao Soneira no seu campo, co bo xogo, ocasións e o empate, un gol de Xián tras un bo pase de Íker. Pero apenas na segunda xogada, o equipo local atopou o gol do triunfo (3-2) nunha gran acción combinativa entre os irmáns Vía Rápida con gol de Richi. A partir de aí, o cadro irmandiño soubo xogar co resultado, baixando o bloque e defendéndose tamén con posesión para evitar sufrimento nos minutos finais e tendo ocasións clarísimas para aumentar o marcador.

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Máis información

Comentarios